I XORNADAS DE INTERPRETACION

 

BALDAIO 10

 

Propoñemos estas xornadas  coa intención de dar a coñecer a poboación a necesidade de conservar esta paraxe natural incluida na rede natura, declarada  LIC ( lugar de interés comunitario e ZEPA ( zona de especial protección de aves).

 

Este espazo singular é lugar de estancia de numerosas especies de aves migratorias procedentes de outras latitudes. É un lugar tan delicado como interesante dende o punto de vista ornitolóxico.

Ademais de todo isto Baldaio é un referente nas revoltas sociais de Galiza nos anos 70. cando unha empresa levou a cabo unha importantísima extracción de area na marisma deixando ós veciños de Lema e outras parroquias carballesas sen a posibilidade de poder mariscar.

 

Ten por tanto Baldaio unha grande riqueza. Grande riqueza natural en canto a flora da marisma ou da duna e tamen un grande valor ambiental en canto a súa fauna sobre todo en aves migratorias e limícolas. Pero ademáis Baldaio é xa un referente social e historico tremendamente importante e situado en varias parroquias carballesas carazterizadas por un patrimonio cultural envidiable.

 

Pretendemos pois con estas xornadas aprender todos un pouquiño máis e achegarnos a descifrar e coñecer o que significa Baldaio potenciando tamen os séus valores.

 

Sábado 20 Horas: Proxección do documental  AREA NOS OLLOS  e Charla que dará XAN FRAGA

Domingo 11:30h: Roteiro de sendeirísmo dende Razo ata a lagoa de Baldaio.

Comida de Bocadillo alí e posteriormente avistameinto de aves coa presenza dos membros de Hábitat.

 

Para o Domingo é preciso levar calzado axeitado e mochila con:

 

Impermeable, comida e bebida e prismáticos e cámara de fotos ( se tedes ).

 

INSCRIPCION DE BALDE AQUI ( non cubrir a parte de abaixo do impreso)  Informate antes por tf no numero  696155232

Tamén podedes cubrir o impreso o sábado ás 20 h no Pazo da Cultura ó comezo da actividade.

 

Moitas grazas ó Concello de Carballo, a Xan Fraga, a María Rama e ó grupo Naturalista Hábitat sen os cales a actividade non sería posible.

 

                                             

 

MAIS FOTOGRAFIAS DE OUTRAS ACTIVIDADES DE SENDA NOVA EN BALDAIO