5 · Xuño · 2018

Murchan as prímulas

As prímulas xa comezan a murchar síntoma de que xuño xa comezou e a primavera alá se foi. Os participantes deste domingo dixéronlle ata o ano que vén á 9ªPrimavera en Ruta con Ríos de Sofán. Máis de 350 participantes aprenderon e gozaron desta primavera que xa cumpría nove anos. Nove anos percorrendo o patrimonio máis achegado, as corredoiras máis […]
29 · Maio · 2018

CAIÓN: recta final da 9ª Primavera en Ruta

O calmuzo dos últimos días de maio lémbranos o fin da primavera. O remate das camiñadas en compañía e a pronta despedida da 9ª Primavera en Ruta; que quen sabe, mais ao mellor este ano espéranos unha grata sorpresa para poñerlle remate e darlle a benvida ao verán. CAMIÑOS DE CAIÓN recibiu a medio cento de participantes cheos de ganas […]
22 · Maio · 2018

EMOCIÓN

Rematou  unha semana das Letras cargada de participación, de emoción e de agarimo. DOMINGO, CORISTANCO HISTÓRICO Fíxoo o pasado domingo dende Coristanco, percorrendo a 6º andaina a 9º edición da Primavera en Ruta. Coma sempre, a participación neste roteiro puido gozar dun dos itinerarios con máis paradas para o coñecemento. O deseño do traxecto contén o maior desnivel acumulado de […]
15 · Maio · 2018

Adentrándose en Cerqueda e Cambre

O Domingo pasado tocou a costa de Malpica, nas parroquias de Cerqueda e Cambre, de patrimonio e natureza esculpidas polo home e as forzas da natureza, cada un na súa escala, evidentemente o primeiro más intencional e modestamente e a segunda implacable. Pero ambas deixaron obras que puidemos coñecer, moitas de gran beleza e únicas, que temos o privilexio de […]
9 · Maio · 2018

Antigas pegadas de Soneira

Despegamos cara o ceo despois de saír da férveda do Rabiñoso, nas rampas costentas das ladeiras de Meda. Nace brincadeiro o río da Ponte ( río grande na sinalectica). As brañas de Vilar Ramilo crean o río de Soneira e difuminan as liñas que delimitan as tres parroquias, dos tres concellos, das tres comarcas: a de Xallas, a de Soneira […]
30 · Abril · 2018

A choiva, indispensable para coñecer a “ruta das mámoas”

Soa o espertador e é hora de erguerse, mais oes como cae a choiva, e pensas: que ben se está aquí! Sen embargo, levántaste, abrígaste e calzas as botas e o impermeable, que sabes ben que será o teu máis prezado amigo nesta xornada de domingo. Outro ano máis a abondosa choiva fixo a súa aparición na Ruta das Mámoas. […]
25 · Abril · 2018

A resistencia do río Chonia

E por fin chegou a primavera! A pesar de ser a segunda andaina, como a primeira foi algo pasada por auga, parecía que sen o soliño non se aproveita tanto o tempo. O domingo pasado tivemos un estupendo día para camiñar por terras de Ordes, no concello de Trazo, por onde pasa o río Tambre. Nesta nova aventura acompañábanos “a […]
17 · Abril · 2018

O son do Anllóns saída da 9º Primavera en Ruta

Case medio cento de participantes se dispuñan este domingo a percorrer as beiras do gran río que percorre Bergantiños. O son do Anllóns era o punto de partida desta 9ª PRIMAVERA EN RUTA. A pesares das constantes e intensas choivas destas pasadas semanas o Anllóns permitiunos gozar coa súa beleza e a súa vexetación de ribeira. Cheo e forte como […]
14 · Marzo · 2018

Grazas Carmen, grazas compañeira

  Sopra o vento con forza e tremen as palabras. Coma quen tatexa, abanean as letras empapadas  no temporal. Soltas. Desconectadas. Idas. Sen saber que contarnos. Vólvense fume da calor da lareira, do lume das Historias de Inverno. Escapan e quedamos soas. Porque marchaches.  E marchaches como viviches, sen facer ruído. Apagando as túas bromas, o teu sorriso incansable. Deixando […]