13 · Xaneiro · 2018

Martin Hutchinson e o seu can Starski visitaron ós nenos da Escola Ambiental

Martin Hutchinson chegou ao Espazo da Natureza de Oza sobre as 11 da mañá, cando os nenos e nenas da Escola comezaran xa a sesión de ecoloxía, precisamente nun avance sobre o persoeiro que Ángela, monitora da Escola, se encargara de expoñerlle. A lección do activista foi total. Dende a exposición sobre os tipos de plásticos e a súa problemática […]
5 · Xaneiro · 2018
Xoves de Filmes Cabalo Galego

O cabalo galego de monte

Os Xoves de Filmes navegan polo V Inverno Ancestral con rumbo fixo e gañando achegas. As sete da tarde dos xoves acaba sendo parada obrigada no Espazo da Natureza de Oza. Desta volta para case dúas decenas de persoas, como de costume, con ampla representación moza en un contexto de proxeccións achegadas ao medio máis próximo, en moitos casos con […]
3 · Xaneiro · 2018

Revivindo a berrea

Marcos Suárez e Ramón Cotelo continuaron dende o Espazo da Natureza de Oza a xeira de Historias de Inverno que comezara días atrás. Unha fermosa “viaxe aos montes de Asturies”, foi o nexo de unión nas verbas dos escolares do Ceip Bergantiños edo Ceip Fogar. Os tamén alumnos da Escola Ambiental de Senda Nova, comezaron a narración dende as orixes, […]
26 · Decembro · 2017

Historias de Chechenia

Natalia Petrova puxo o punto de saída para o comezo das Historias de Inverno, viaxando máis de 6000 quilómetros na primeira das actividades deste 5º Inverno Ancestral, achegándonos ás Historias de Chechenia. Coas súas verbas levounos ata Shalí unha cidade de máis de 40.000 habitantes situada no centro da república rusa de Chechenia, moi cerca da súa capital, Grozni. Nas […]
22 · Decembro · 2017
Apalpador na Biblioteca Rego da Balsa

Chegou o Apalpador á biblio

Onte, día 21 de decembro, veu dende as montañas do Courel en Lugo O Apalpador a visitar ás nenas e nenos de Bergantiños. E fíxoo na biblioteca Rego da Balsa, pois para el é moi importante ler e adquirir coñecementos a través dos libros, pois cos coñecementos chegaremos moi lonxe. Por isto escolleu ese sitio para facerlles unha visita a […]
18 · Decembro · 2017
magosto presentación V Inverno Ancestral

A CARÓN DA CALOR. COMEZA O 5º INVERNO ANCESTRAL

O Espazo da Natureza de Oza acolleu a 5º edición do programa de inverno da asociación. O 5º Inverno Ancestral suma dende o núcleo do patrimonio inmaterial para desenvolver case 20 actividades entre os meses de decembro, xaneiro e febreiro. +condimentada coas costumes galegas de todos os encontros deste tipo.  Unha mesa, algo de comer e beber, un pouco de […]
4 · Decembro · 2017

Os pasos da vida

O coñecemento e a  propia experiencia na vida, quizá non se teña só con que pase o tempo por cada un de nos. Quizá, ao mellor, temos que poñer esforzo diario en pasar nos por ese tempo, de balde, como din os vellos. Deste xeito, a propia  vida, responde en grolos gordos de coñecemento cada vez que os pes van […]
28 · Novembro · 2017

Limpeza na Eira das Meigas

  No percorrido de antonte polas Pegadas do Volframio, volvemos escoller a Eira das Meigas como lugar central da ruta, o avituallamento no vértice superior do traxecto. Case 40 persoas chegabamos atraídas pola reconstrución do antigo cromlech, que pasou a ocupar o lugar do orixinal na multitude de lendas e do imaxinario popular nun monte mítico. Achegabámonos  coas mochilas e […]
26 · Novembro · 2017

Un día baixo a ollada do gran Monte Neme.

O VI Outono en Marcha segue a percorrer as aldeas con futuro da nosa contorna. Desta vez tocounos ir visitar o gran monte que sempre nos está vixiando dende calquer punto de Bergantiños que te atopes. O Monte Neme. Nesta semana  xa comezamos coa preparatoria a súa visita o mércores, coa presentación de dito roteiro, e o xoves co documental […]