14 · Decembro · 2021

A RUTA DAS FÉRVEDAS PECHOU O 10 OUTONO EN MARCHA

A Ruta das Férvedas puxo punto e final a dez anos de OUTONO EN MARCHA. As previsións de choiva cumpríronse mais non se cumpriron en canto ao volume de participación. Non obstante, un bo número de persoas presentáronse nos lugares de recollida dos buses un novo domingo ás 8h para botarse ás corredoiras de Bergantiños. Desta volta coas férvedas carballesas […]
24 · Novembro · 2021
Presentacion 10 escola ambiental

EN MARCHA A 10 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL

EN MARCHA A 10 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL A Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo bótase a andar novamente a través da súa décima edición. Ao acto de presentación asistiron medio cento de persoas entre as que se atopaban as familias da rapazada que desfrutará da programación. Tamén se atopaban socios de Senda Nova e o concelleiro de medioambiente […]
24 · Novembro · 2021
10 Outono en Marcha. pegadas do wolframio

Camiñando tralas Pegadas do Wolframio

  Arredor de 40 valentes camiñantes se abriron paso este pasado domingo tralas frías e xeadas Pegadas do Wolframio, a penúltima das actividades deste X Outono en Marcha. A ruta comezaba preto das 8:30 da mañá no impoñente peto de ánimas da parroquia de San Breixo de Oza, e logo de visitar a igrexa parroquial. O grupo dirixiuse paseniñamente até […]
16 · Novembro · 2021
10 Outono en Marcha Senda das capelas

A SENDA DE MONTEMAIOR

O sol converteu en fume a xiada do domingo e Montemaior comezou a espertar da friaxe ao mesmo tempo que chegaban á carballeira de Sta Margarida os camiñantes do 10º Outono en Marcha. O concello da Laracha era a estación desta cuarta andaina polas corredoiras de Bergantiños e a Senda das Capelas o percorrido proposto para encher as mochilas de […]
10 · Novembro · 2021
10 OM Vía Alcaianus

POLA PEGADA ROMANA DENDE ALCAIÁN A CARBALLO

Arredor de corenta participantes se deron cita na terceira das andainas propostas dentro deste X OUTONO EN MARCHA. O percorrido comezaba preto da Lagoa de Alcaián, alí onde a imaxinación debullaba en colocar a mansión romana de Atricondo. E o certo é que algúns historiadores formulan a hipótese de que o itinerario Per loca Marítima  que unía Braga con Astorga […]
5 · Novembro · 2021
10 OM Terras do Marqués

AS TERRAS DO MARQUÉS

  O pasado domingo 24 de outubro puidemos desfrutar dunha xornada de sendeirismo interpretado cun gran contido cultural e patrimonial así coma dunha contraste climatolóxica que fixo do día espertar nos participantes diversas emocións e sensación, facendo se cabe, máis intensa a actividade desta que chamamos sendeirismo consciente. O día comezaba a abrir timidamente baixo un manto de chuvia intensa […]
14 · Outubro · 2021
10 OM Razo Baldaio

BALDAIO 100 POR 100

A celebración dos dez anos de Outono en Marcha comezaba camiñando, e facíao dende a Capela de Sta Mariña de Razo. Iniciabamos un percorrido case completo pola fachada atlántica do concello de Carballo a través de múltiples paradas para o coñecemento. E é que os 15 km que ofrece o itinerario RAZO BALDAIO PARA PROTEXER están sementados de xeoloxía, bioloxía, […]
11 · Xullo · 2021
ESCOLA AMBIENTAL 20-21 CLAUSURA

Punto e seguido para a Escola Ambiental

    O Espazo da Natureza de Oza arroupou aos nenos e nenas que culminaron outra edición máis desta ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO. Nesta clausura desta edición 20-21 asistiron tamén as familias dunha rapazada que no día de onte foi a auténtica protagonista neste último sábado dos case 30 que durou o periplo por oito continuados meses […]
14 · Xuño · 2021
XII PR Terras altas de Soneira

Remata unha gran ruta pola primavera da Costa da Morte. Acabou a XII PRIMAVERA EN RUTA

Nunca unha brisa tan agradable nos recibira no alto de Pico de Meda. A dura subida dende a Férveda do Rabiñoso compensouse cos momentos agradables no balcón dos balcóns, o alto dos 466 metros dende onde Domingo Fontán realizou parte do primeiro mapa científico de Galicia. O círculo que podemos realizar coa vista dende o monte de Zas é completo. […]