6 · Decembro · 2020
9º OM Pegadas do volframio

Monte Neme despedíu o 9º OUTONO EN MARCHA

O Monte Neme foi desta volta O encargado de despedir un 9º OUTONO EN MARCHA que pensa na edición número 10 despois de 56 andainas de outono e de 170 actividades deste tipo. Monte Neme foi hoxe vixía na escuridade da néboa que curta o paso a unha realidade paisaxística de envexa no corazón de Bergantiños. Esa mesma néboa que […]
5 · Decembro · 2020
9 ESCOLA presentacin 1º grupo

Iníciase a 9º ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO

A 9º ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO  da a saída dende o ESPAZO DA NATUREZA DE OZA a través do primeiro dos grupos de nenos e nenas que formará parte do proxecto na súa edición 20-21. A agardada nova edición da Escola Ambiental iníciase con máis interese que nunca nas actividades deste tipo onde priman as sesións no medio […]
30 · Novembro · 2020

O RICO PATRIMONIO NON CALMA A RAIBA POLA DESAPARICIÓN DAS CORREDOIRAS

    A homologación da Ruta das Férvedas logrou vestir de bonito un percorrido cunha gran carga de contidos. Ano tras ano son moitas as persoas que solicitan información sobre o percorrido. Un bó número delas tamén se apunta dentro da actividade que realizamos no marco do OUTONO EN MARCHA anual, para sacarlle o máximo en contidos a través das […]
23 · Novembro · 2020

SENDA NOVA SUMASE A MÁIS DE MEDIO CENTO DE COLECTIVOS NO MANIFESTO ALDEAS CON HORIZONTE

  SENDA NOVA SUMASE A MÁIS DE MEDIO CENTO DE COLECTIVOS NO MANIFESTO ALDEAS CON HORIZONTE   A asociación Ambiental Senda Nova ven de asumir o manifesto que pretende un novo modelo eólico no país. Entre outras cuestións, o manifesto fai referencia a 15 puntos básicos imprescindibles: O novo marco normativo debería  fundamentarse, candomenos, nosseguintes​ 15PRINCIPIOS: 1.Planeamento eólico para unha […]
23 · Novembro · 2020
9 Outono en Marcha. Terras do Marqués.

TERRAS DO MARQUÉS: CORREDOIRAS DA REFLEXIÓN

    A Peniqueira, balcón e vixía do centro do concello de Carballo, xunta con agarimo dúas parroquias fértiles do territorio. Asentadas en dous vales ben diferenciados, Ardaña e Artes conviven a través dun monte estratéxico cheo da historia que nos marcan os vestixios megalíticos e castrexos. Pero ademais, estas dúas parroquias teñen en común un pasado de sona fidalga. […]
10 · Novembro · 2020
9 OM Vía Alcaianus

NA PROCURA DAS CORREDOIRAS MÁIS ANTIGAS

    No medio da brétema pola que pelexan as comarcas de Bergantiños e Xallas, tres grupos de camiñantes érguense ben cedo  coa firme decisión de esixirlle a un domingo de choiva. Os case 20 camiñantes chegan a capela do Campelo, territorio de Coristanco, ben seguros de afrontar a situación climatolóxica e facer dunha xornada de puro outono, un día […]
29 · Outubro · 2020

Sumerxidos nas aldeas costeiras

Se collemos o planeta terra dende o Google Maps e imos facendo zoom ao chou, podemos achegarnos a lugares a priori pouco importantes.   Se en vez do planeta terra collemos a costa carballesa de Razo-Baldaio, probablemente o zoom mental tampouco nos leve ás aldeas interiores das parroquias de Razo, Lema, Noicela ou Rebordelos. Mais o Google Maps incorpora na […]
19 · Outubro · 2020
9 OM Senda das Capelas

Montemaior: corredoiras entre capelas

Un día perfecto podería ser aquel no que, aprendendo, gozaramos. Un día de crecemento en toda regra. O 9º Outono en marcha arrincou, colleu altura e presentouse en Montemaior para iniciarse a carón da capela de Sta Margarida deslizándose polos camiños do coñecemento hasta chegar ao igrexario de Sta María Magdalena, patroa (non sei porque non matrona) da parroquia larachesa. […]
10 · Outubro · 2020

En marcha un 9º outono de andainas

Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 9 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos:  coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que […]