22 · Xuño · 2020

ANLLONS RIO ABAIXO

  As beiras do río de Bergantiños, máis secas que nunca reciben aos primeiros participantes dunha XI PRIMAVERA EN RUTA que se formateou por mor do COVID. Que resucitou precisamente o día que a difícil primavera lle deixa paso ao verán. E o verán, galego como tal, chegou como chega sempre a estas terras do corazón de Bergantiños. Co orballo […]
16 · Xuño · 2020

Preséntase a XI PRIMAVERA EN RUTA: once anos de premisas

Semáforo en verde para unha nova edición da Primavera en Ruta. O Espazo da Natureza de Oza acolleu a presentación dunha nova edición da Primavera en Ruta, o programa máis antigo da asociación e un dos máis importante dos proxectos da zona para poñer en valor o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra a través das camiñadas. Deron a […]
12 · Xuño · 2020
Presentacion XI PR

Presentación da XI PRIMAVERA EN RUTA

O vindeiro luns día 15 de xuño faremos a presentación doutra edición máis do programa máis antigo da asociación: a PRIMAVERA EN RUTA. Nesta edición chegaremos aos 11 anos continuados de proxecto. Sempre é un acontecemento importante seguir nos camiños a través do aprendizaxe. Nesta edición máis contentos se cabe polas circustancias que se presentaron no camiño e polas que […]
14 · Maio · 2020
Ruta das mamoas XPR

INTERPRETACIÓN E PATRIMONIO LOCAL: UNHA NOVA APOSTA OU UN VELLO OBXECTIVO?

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova ofrecemos a colaboración e experiencia na posta en valor do rural a través da interpretación. Moi pronto a PRIMAVERA EN RUTA, a ESCOLA AMBIENTAL e un novo número da revista ABRINDO CAMIÑO, máis que nunca co noso patrimonio, entidades e comercio local. A nova situación que estamos a vivir está a incentivar a creación […]
25 · Febreiro · 2020
Clausura Escola 19 6

Senda Nova, PREMIO OSÍXENO COLECTIVO 2019

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA ven de fallar os premios OSIXENO e DIOXINA 2019 coa que a entidade conservacionista galardoa ás mellores e peores actuacións e condutas medioambientais no ano que rematou. Estes premios contan cunha traxectoria de case dúas décadas, cunha influencia importante en todo o territorio galego, sendo concedidos por unha entidade referencia dentro […]
1 · Febreiro · 2020

Xosé Luís Rabuñal e Esteiro do Anllóns: o binomio inseparable

Ese foi o centro da actividade coa que celebrábamos o Día mundial das zonas húmidas e ese é o significado co que o prestixioso ornitólogo se sinte plenamente identificado. “ Eu formo parte deste espazo, así me considero”, enumeraba na extensa exposición que realizaba diante do observatorio que leva o seu nome. Xosé Luís Rabuñal é moitísimo máis que unha […]
24 · Xaneiro · 2020
cartel Xornadas 2020

O Día internacional das zonas humidas, dende o Esteiro do Anllóns con Xosé Luís Rabuñal

O día 2 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día internacional dos humidais e, como cada ano dende fai dez, queremos celebralo en Senda Nova. Este ano adiantamos unha xornada para coincidir o sábado día 1. A actividade celebrarase en xornada de mañá con saída ás 9:30 dende a rúa Venezuela de Carballo e con chegada prevista en […]
14 · Xaneiro · 2020

Senda Nova en 2019. Todo un ano de traballo

Escapou un ano 2019 con gran dinamismo para Senda Nova. A asemblea pasada serviu entre outras cousas, coma sempre, de balance de accións. De 12 meses intensos que se transformaron en máis de 100 iniciativas abertas ao público. Máis dun cento de propostas que poderiamos sumar tamén as colaboracións con outras entidades ou mesmo aos numerosos traballos sen presencia de […]
12 · Decembro · 2019

CHEGA O APALPADOR A BERGANTIÑOS

Din que é un personaxe moi moi bo. Contan que vive nas montañas do Courel e que baixa en época de Nadal para apalparlle a barriga aos nenos e deixarlle castañas aos menos fartos. O Apalpador é un carboeiro amante da natureza que fomenta o respecto pola mesma. Achegarase a Bergantiños o vindeiro xoves 18:30 a través dunha visita á […]