28 · Setembro · 2019

O achegamento á xeoloxía de Baldaio a través da 2º Ruta xeolóxica

Case 30 persoas se deron cita na mañá deste sábado día 28 de setembro para realizar a Ruta xeolóxica que se enmarcaba no programa do Concello de Carballo EU QUERO RAZO BALDAIO, e que dende Senda Nova guiabamos co obxectivo de achegarse á xeoloxía máis básica que se abre ao mar na costa carballesa. A boa aceptación da primeira das […]
26 · Setembro · 2019

Presentación do 8º Outono en Marcha

Na tarde de onte, tivo lugar a presentación do 8º Outono en Marcha no Espazo da Natureza de Oza, durante a cal coñecemos os pormenores deste programa de actividades que acada xa a súa 8ª edición, e que ano tras ano sae adiante para percorrer e dinamizar diferentes percorridos deseñados para poñer en valor e coñecer o noso patrimonio máis […]
9 · Setembro · 2019

Achegándose á xeoloxía do litoral

Case corenta persoas se deron cita na mañá do pasado sábado para asistir á primeira das citas coa xeoloxía do programa EU QUERO RAZO BALDAIO que impulsa o Concello de Carballo coa colaboración das entidades ADEGA, GN Hábitat e a A. Ambiental Senda Nova. Precisamente dende a entidade bergantiñá cordinamos a saída a través do guiado de Ángela e Evarísto. […]
4 · Agosto · 2019
1º Obradoiro de pegadas 5

Á procura dos segredos da fauna

Unhas 20 persoas se deron cita para asistir ao primeiro dos Obradoiro de pegadas e indicios que se realiza dentro do programa EU QUERO RAZO BALDAIO organizado polo Concello de Carballo. Nas dúas sesións nas que se dividiu a actividade leváronse a cabo diferentes módulos para un achegamento máis axeitado aos obxectivos agardados. A actividade tivo un carácter familiar e […]
15 · Xullo · 2019
EURB nocturna 5

Historia, lendas e estrelas: Monte Neme na escuridade

EU QUERO RAZO-BALDAIO fixo parada con MONTE NEME NA ESCURIDADE, a iniciativa que nos descubríu coa luz da lúa e as estrelas, unha das paraxes con máis atracción que coñecemos. As historias arredor de meigas e volframio co condimento especial de comezar a descubrir os puntiños do firmamento. Descubrir que tras Monte Neme se agocha cultura, patrimonio, lendas, historia e […]
8 · Xullo · 2019

Monte Neme na escuridade

Iniciado o camiño do proxecto EU QUERO CARBALLO coa ruta cultural OS SEGREDOS CULTURAIS DA COSTA CARBALLESA e o obradoiro de coñecemento da Píllara das Dunas PILLARA DAS DUNAS, A XOIA DE BALDAIO, levadas a cabo por A. A. Senda Nova e G.N. Hábitat respectivamente, a nova semana trae unha nova quenda de acción para o coñecemento ambiental no litoral carballés. Dentro do programa organizado […]
5 · Xullo · 2019

G.N. Hábitat, Senda Nova, ADEGA e Concello de Carballo xuntanse en EU QUERO RAZO-BALDAIO

A  A. Ambiental Senda Nova xunto co G.N. Hábitat e ADEGA levan a cabo as actividades do programa EU QUERO CARBALLO. O proxecto, organizado polo Concello de Carballo no que colaboramos estas tres entidades, pretende achegar o patrimonio natural, cultural e paisaxístico do litoral do carballés a través de case 30 accións durante os meses de xullo, agosto e setembro. […]
1 · Xullo · 2019
Clausura Escola 19 6

Despedindo a VII Edición da Escola Ambiental de Senda Nova e celebrando a chegada do verán

O Pasado sábado día 29 de xuño foron preto de 80 persoas as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para festexar a chegada do verán e despedir un curso cargado de actividades. Ás 11:00h os voluntarios e voluntarias da entidade comezaron as labores de preparación da festa campestre que estaba a piques de comezar, e a deixar […]
27 · Xuño · 2019
Ríos de Sofán. X PR

Sofán despide 10 anos de Primavera en ruta

Sofán despediu 10 anos de Primavera en ruta. Os Ríos de Sofán foron o escenario da última das andainas desta décima edición do noso programa máis antigo. Máis de corenta camiñantes saíron e chegaron á igrexa parroquial de San Salvador, orixe e fin dun traxecto recortado para a ocasión, como todos os camiñados nesta edición. O Bardoso e o Carral […]