21 · Outubro · 2017
sendanova---vi-outono-en-marcha_cartaz

Un 6º OUTONO EN MARCHA polo rural de Bergantiños

A Casa da Cultura da Laracha acolleu a presentación dunha nova edición dun dos proxectos con máis participación e experiencia da entidade: o Outono en Marcha. Noeste ano 2017 comezamos cunha 6º edición dun programa de andainas que crece, por vez primeira, con actividades paralelas que intentan poñer o foco, máis que nunca aínda, na posta en valor dos valores […]
18 · Outubro · 2017
andaina das setas e as castañas 17

5º Andainas das setas e as castañas

Un ano máis, as entidades da AD Media Ducia e a AA Senda Nova unímonos para unha actividade conxunta de coñecemento e ocio na época das setas e as castañas. A actividade ten como obxectivo o coñecemento do entorno a través de elementos propios do outono como son as setas e as castañas. Tamén camiñar por espazos rurais e tamén, […]
18 · Outubro · 2017
presentacion &º Outono en Marcha

Nova data das presentacións

Debido á suspensión da presentacíon do 6º Outono en Marcha a causa da vaga de lumes que afectou a Galicia nos últimos días, vímonos na obriga de cambiar a data da primeira das presentacións. Celebrarase no mesmo lugar o vindeiro venres día 20 de outubro ás 20:30 h.   Alí nos vemos.
11 · Outubro · 2017
presentacion outono en marcha

Presentacións 6º Outono en Marcha

Comeza a andar o outono, e con el un programa de andainas que, por vez primeira esta 6º edición, inclúe algunas novidades fora das camiñadas. Os vindeiros 16 e 25 de outubro ás 20:30h, dende a Casa da Cultura da Laracha e o Espazo da Natureza de Oza respectivamente, presentaremos unha nova edición dun programa que se fai maior coa […]
30 · Setembro · 2017

Cambio de ubicación na limpeza de mañán 1 outubro

Informamos a tod@s aquel@s que ides a participar na Limpeza Simultánea de Ríos que terá lugar mañán dun cambio de ubicación do treito de río onde traballar. En lugar de quedar ás 11 h na Ponte de Bértoa ( río Anllóns), farémolo á mesma hora pero no final do Parque do Anllóns, no mesmo río. Consideramos, deste xeito, que a […]
20 · Setembro · 2017
cartel limpeza de rios 2017

X Limpeza simultánea de ríos

Un ano máis, a asociación ecoloxísta ADEGA impulsa en Galicia a Limpeza siultánea de ríos, unha actividade cun grande carácter simbólico na que tamén se contribúe de xeito sustancial á recollida de lixo nos ríos galegos á vez que mostra as importantes carencias que manteñen os cauces fluviais. Como en anos anteriores, dende a Asociación Ambiental Senda Nova colaboramos xunto […]
1 · Xuño · 2017
ríos de Sofán 2016

Sofán: a terra como era.

  Fábricas que cheiran a antigo, que rechían co movemento da auga. Moreas de muíños abandonados. Covas de historia incerta e de lonxitude por explorar. Castros con cheas de lendas que aínda hoxe desprenden reparo nos máis maiores. Sofán ofrécenos mil recunchos imposibles para coñecer  e outros mil para investigalos a través dunha ruta que percorre o máis íntimo dunha […]
23 · Maio · 2017
presentación ruta Pondal

Presentación da ruta homenaxe a Pondal

O vindeiro xoves día 25 de maio terá lugar na Fundación Pondal a presentación da ruta coa que Senda Nova quere homenaxear ao escritor de Ponteceso. O percorrido será presentado polo autor do deseño do itinerario Evaristo Domínguez Rial, ás 20 h no Couto. Este percorrido será estreado o vindeiro domingo polos camiñantes que se apunten á oitava ruta desta […]