3 · Decembro · 2019

Camiñando xa a 8º edición da Escola Ambiental

Comeza a 8º edición da Escola ambiental. O pasado sábado 30 puxemos rumbo directo a unha nova xeira de accións a prol do patrimonio máis achegado cos nenos e nenas carballesas como protagonistas. A Escola ambiental é o proxecto máis ilusionante de cantos espallamos en Senda Nova e, sen dúbida, unha das accións de achegamento á natureza e patrimonio da […]
27 · Novembro · 2019

Presentación da 8° Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo

O vindeiro sábado día 30 de novembro ás 11:00h presentarase no Espazo da Natureza de Oza a 8° edición da Escola Ambiental, un dos proxectos máis longos e emocionantes da entidade, no cal traballaremos cun grupo de 25 nenas e nenos durante 8 meses, realizando actividades todas as semanas. Estas actividades, que se celebrararán os sábados ou os domingos, terán […]
3 · Novembro · 2019

ENCONTROS CON ACTIVISTAS e XOVES DE FILME para un novembro de acción

O Espazo da natureza de Oza acolle un intenso mes de novembro. Un outono cargado de propostas que se mestura coas rutas interpretativas do OUTONO EN MARCHA. Estes proxectos teñen obxectivos que se vertebran tamén  a prol da dinamización do noso rural a través deste Espazo da Natureza de Oza e tamén de diferentes tipos de dinamización. Neste caso os […]
19 · Outubro · 2019

CONTA ATRÁS PARA O COMEZO DA VIII EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL. XA PODES PREINSCRIBIRTE. BULE!!

Onte venres día 18 de outubro celebramos o Día mundial da protección da Natureza. Dentro da efeméride e da véspera da Limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA e coa que colaboramos, quixemos deixar para este día o comezo da conta atrás para a vindeira edición da ESCOLA AMBIENTAL, sen dúbida, un dos programas máis importantes da nosa entidade. A […]
15 · Outubro · 2019

Únete a limpeza simultánea de praias 2019

Un ano máis dende Senda Nova colaboramos coa limpeza simultanea de praias que organiza a Asociación Ecoloxista Adega para protexer e potenciar o valor dos nosos litorais. Durante a xornada do día 19 de outubro centos de voluntarias e voluntarios traballaremos de xeito simultaneo en diferentes puntos de Galicia para limpar un tramo de río da nosa zona, e sobre […]
3 · Outubro · 2019

Encontro con activistas: Leopoldo Álvarez

Leopoldo Álvarez Sousa volve ao Espazo da natureza de Oza  para estrear os Encontros con activistas. Esta serie de faladoiros pretenden achegar a labor e organización do activismo ao resto da sociedade. Grazas a Leopoldo poderemos achegarnos aos seus viaxes, sobre todo os que a bordo de vehículos todoterreo foi coñecendo e percorrendo un continente africano apaixonante. Múltiples proxectos con […]
26 · Setembro · 2019

Presentación do 8º Outono en Marcha

Na tarde de onte, tivo lugar a presentación do 8º Outono en Marcha no Espazo da Natureza de Oza, durante a cal coñecemos os pormenores deste programa de actividades que acada xa a súa 8ª edición, e que ano tras ano sae adiante para percorrer e dinamizar diferentes percorridos deseñados para poñer en valor e coñecer o noso patrimonio máis […]
14 · Setembro · 2019

A exposición OS PASOS DA HISTORIA viaxa a Asturies

A exposición OS PASOS DA HISTORIA que percorre os 10 anos de PRIMAVERA EN RUTA viaxa ao país veciño para achegarse ao Parque natural de Redes. O centro de interpretación deste espazo natural acollerá a presentación de medio cento de fotografías relaccionadas coa historia deste importante proxecto que cumpríu neste 2019 a decena de anos. A filosofía do proxecto, a […]