Coincidimos en que o traballo cos máis novos para acadar obxectivos de protección do patrimonio a través da súa posta en valor é pensar decididamente no futuro. Por iso, dentro das premisas de Senda Nova está a prestación de servizos á mocidade.

Dende o colectivo véñense desenvolvendo diferentes programas específicos destinados á xente moza e dentro da diferentes franxas de idade.  A pequehorta, obradoiros de observación e convivencia…etc.

ESCOLA AMBIENTAL

Con todo, a aposta máis forte da asociación segue a ser a Escola Ambiental de Senda Nova. O programa vertébrase os fins de semana e paralelo a cantas actividades se desenvolven na asociación entre novembro de xuño.

Os destinatarios son 30 nenos e nenas bergantiñáns de 3º, 4º, 5º, e 6º de primeria, que completan as sesións de áula e as saídas ao medio coa monitorización de tres grupos de monitores que desenvolven contidos culturais, ecolóxicos e de achegamento físico ao medio natural.

Ademáis dos proxectos específicos coa mocidade, dende Senda Nova coidamos a organización do resto da  programación para que sexa apta para una maior variedade de público, concentrando a difusión da mesma entre a xuventude e a través do traballo con colexios e institutos da zona.

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close