A través do deseño de roteiros, establecemos contacto con persoas maiores, sobre todo do entorno rural das comarcas da Costa da Morte.  En moitísimas ocasións, as aportacións destes persoeiros, sobrepasaba a información requerida para o traballo do itinerario, mostrándonos uns variados contidos froito dunha experiencia e una sabiduría popular que se mantivo de país a fillos e que nas últimas xeracións, a  pasos rápidos e por mor de múltiples circunstancias, se está a perder.

O uso das herbas mediciñais, fabricación e xogo con xoguetes tradicionais e incluso a posta en valor do Apalpador (unha figura de nadal tradicional propia do Courel que representa moitos dos valores da asociación) foron as temáticas dun primeiro programa de actividades de inverno.

INVERNO ANCESTRAL

Hoxe, o  INVERNO ANCESTRAL concentra  a programación que ten como obxectivo principal o mantemento do patrimonio inmaterial nunha época menos propicia para as saídas ao medio e máis axeitada a carón do tradicional lume da lareira. Deste xeito, véñense realizando as HISTORIAS DE INVERNO, un ciclo de faladoiros con persoas maiores, nas que se recolle documento gráfico da sabiduría dos nosos avós, a través de diferentes e interesantes temáticas que se abordan nos diferentes centros sociais do noso rural, contribuíndo á dinamización dos mesmos e coa colaboración das entidades veciñais.

O APALPADOR

O Apalpador segue a ser protagonista dentro da época do ano de máis volume de accións. É unha figura que se espalla nas escolas de infantil e primaria a través do proxecto APALPADOR NA ESCOLA, unha acción de colaboración coas aulas de infantil e primeiro ciclo de primaria, que realizan os seus murais con tem´çaticas relaccionadas co Apalpador e a ecoloxía.  O proxecto segue coas visitas do carboeiro ás escolas, puntualizando en valores  como os da a fabricación propia de xoguetes, o coidado do medio, o fomento da lectura…etc. . Ademais, segue a celebrarse a súa baixada ano tras ano dende Carreira-Zas, nuns actos teatralizados e entrañables para todos os que se acheguen.

Xornadas específicas para  posta en valor do xogo e xoguete tradicional son outras das accións desenvolvidas dentro dun programa invernal cheo de eventos.