Roteiros interpretativos

TRABALLO PREVIO DE DESEÑO DE PERCORRIDOS

A búsqueda do patrimonio máis descoñecido que salpica toda a bisbarra é un dos primeiros traballos que desenvolven persoas voluntarias amantes do seu patrimonio e do esforzo físico e económico polo mesmo.  No ano 2006 comeza coa unión dese patrimonio a través de roteiros. Son a base dos coñecidos itinerarios dinamizados posteriormente dende Senda Nova.

Dende o comezo da súa andaina, integrantes de Senda Nova traballan na búsqueda do patrimonio máis descoñecido para unilo a través de corredoiras fora do asfalto. Cada itinerario debe ter personalidade própia e é bautizado. No mesmo, recollese  información precisa sobre os lugares, a través de diversa documentación histórica e, en moitas ocasións, a través de entidades e persoeiros das propias parroquias por onde pasa o deseño da ruta. Destacar o esforzo de investigación e tamén o físico, que incluíu en moitas ocasións, ferramentas e traballo de desbroce, da fabricación de pontes artesanais…etc.

No ano 2016 contase con dezaseis roteiros deseñados entre os 7 e os 54 quilómetros. Entre eles atópanse CAMIÑOS DE ALDEMUNDE, TERRAS ALTAS DE SONEIRA, SENDA DAS CAPELAS, FORZA DO RÍO CHONIA, RUTA DAS MÁMOAS, ou tamén  AS SENDAS DO APÓSTOLO, entre Carballo e Compostela, o  máis longo e antigo de todos, e no que se basea a RUTA DAS FÉRVEDAS, homologada fai uns anos.

Tratase de 330 quilómetros polas comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, que vertebran unha bisbarra salpicada de castros, mámoas, muíños, pontes,ríos, pazos, igrexas, capelas, cruceiros, costas agrestes, bosques autóctonos, férvedas, batáns ou torres medievais que representan máis de 200 puntos interpretativos en cada unha das rutas.

As premisas son:

Parimonio castrexo, megalítico, arquitectura civil, relixiosa…

Camiños históricos, marxe dos ríos

Fora do asfalto

Patrimonio ambiental

Patrimonio paisaxístico

Contactar con xente e entidades dos propios lugares

Presentación do traballo nos lugares por onde pasa e con persoas desas parroquias previo á dinamización do mesmo.

 

 

 

DINAMIZACIÓN DOS ITINERARIOS

A labor de investigación non sería útil se non se espalla no resto da sociedade.  Senda Nova organiza actividades que percorran os traballos de deseño de roteiros de parte dos seus integrantes e coincidindo en que o máis importante dunha ruta é percorrela dun xeito interpretativo.

A dinamización destas actividades vai por detrás da labor de deseño e as dúas aumentan dun xeito continuo ata a consecución dos programas PRIMAVERA EN RUTA e, en anos seguintes, o OUTONO EN MARCHA, incluíndo entre os dous, todos os traballos de deseño, e seguindo deste xeito,  a premisa da entidade de percorrelos de xeito interpretativo unha vez por ano.

A dinamización a través destes programas  inclúe a colaboración de concellos, Protección Civil, entidades veciñais e persoeiros locais, co obxectivo de facer actividades amenas, interpretativas e cun marcado espírito de convivencia a través de xornadas completas de domingo.

Froito desa colaboración editase material gráfico para cada un dos traballos, que ven a contribuír aínda máis, a dar personalidade á ruta e aos elementos que contén.

No ano 2016 realizase a 7º PRIMAVERA EN RUTA cun total de 8 percorridos e o 4º OUTONO EN MARCHA con outras 6 propostas, que veñen a mostrar dun xeito interpretativo e a case 1000 participantes por ano, os tesouros da nosa bisbarra.

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close