PASADO, PRESENTE E FILOSOFÍA DE FUTURO

O colectivo Senda Nova nace no inverno do ano 2006 na capital de Bergantiños.  A herdanza recibida do antigo obradoiro Senda Nova dentro da Cruz Vermella foi unha das bases para a creación de actividades relacionadas co coñecemento do medio.  Rápido se adoptan os principios de posta en valor do patrimonio ecolóxico e ambiental máis de cerca a través de diversas actividades entre as que destacaban as de achegamento ao medio.  Os máis novos establecéronse tamén como o colectivo prioritario nos obxectivos xenéricos da entidade, que coincide dende os seus inicios en artellar proxectos en colaboración con outras entidades, administracións ou plataformas sociais, a prol de obxectivos comúns de protección do medio máis achegado.

“ Senda Nova “ pois, fai referencia a cada novo deseño de senda que realizamos e tamén á xente moza.

Sen  dúbida, o crecemento exponencial que pouco a pouco foi sufrindo Senda Nova, radicou, xa dende os comezos,  no enorme traballo voluntario desenvolvido e materializado nos programas de actividades presentados. O voluntariado é, por outra banda, a única fórmula para o recurso humano coa que contamos.

O traballo a través do tempo libre voluntario require dun intenso esforzo organizativo e tamén de compromiso, sobre todo dun grupo activo motor, que se establece a través das xuntanzas periódicas e o reparto de funcións.

Consideramos que o maior esforzo organizativo, ven compensado por un traballo voluntario no que a entidade debe de funcionar como escaparate para que as persoas proxecten actividades realizadas dende o  propio xermolo da idea, nas áreas nas que se sinte máis útiles.

Consideramos tamén que, a propia entidade debe de ser a aula de formación en aquelas outras áreas que, sen ser as máis motivacionais para a propia persoa, si a poden complementar, no crecemento continuo da mesma.

Con todo, creemos neste aprendizaxe mutuo dentro da asociación, como a verdadeira canteira, non só de sensibilización ecolóxica ou ambiental, senón de persoas capaces de crear ideas e de emprender accións dende as mesmas,  sumando esforzos. Algo básico para nosa ou para outras asociacións similares. O voluntariado, pois, filosofía de futuro.