Chegan as Historias de Sísamo

Chegan as Historias de Sísamo

historias de inverno Sísamo

historias de inverno Sísamo

Sísamo é unha parroquia situada cerquiña do casco urbano de Carballo. Por ela pasa o río de Bergantiños, formando lugares idílicos e armónicos a beira do cauce.
O seu territorio está salpicado de variado patrimonio, destacando o Pazo do Souto, a igrexa parroquial de Santiago ou mesmo o castro que puido ser orixe do asentamento principal poboacional da parroquia.
En Sísamo tamén están catalogados vestxios megalíticos como as mámoas dos Vilares.
Desta fermosa parroquia falarán as HISTORIAS DE INVERNO na súa próxima parada. Un repaso a través das verbas de
Jesús Pombo Suárez, Ramón Abelenda López. Carmen Rey Varela será a encargada de presentarnolos.

Este mércores ás 19 h. na Escola Unitaria de Oza. Alí nos vemos.