Os Días dos Bosques seguen coa súa programación

Os Días dos Bosques seguen coa súa programación

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

As últimas xornadas foron intensas pola programación dos Días dos Bosques. Comezaban as xornadas o sábado na Laracha, na parroquia de Montemaior e na beira do río Bardoso. Case 30 persoas non lle tiveron medo á auga e participaron na excursión de mañán e tamén na tarde, dende o propio bosque da Berbia, en Carballo.

Días dos Bosques 17. Obradoiro Otero Pedrayo

O domingo foi a quenda do bosque da Ribeira da Pena, percorrendo os Camiños de Aldemunde e visitando lugares como o castro de Aldemunde ou o dolmen da Pedra Moura ademáis do bosque autóctono.

As xornadas continuaron a mañán do luns e do martes cos rapaces e rapazas de 5º curso do Colexio Otero Pedrayo da Laracha.

Por outra banda, hoxe  xoves seguen os Días dos Bosques dando paso ás proxeccións. Dende a Escola Unitaria de Oza terá lugar ás 19 horas o pase do documental “El Secreto del Bosque”  cunha duración de 45 minutos. O vindeiro xoves á mesma hora e no mesmo lugar será a quenda de “Tukki, la huella ambiental”, ambos documentais pertencentes ao arquivo Butaca Verde do CEIDA.

Vémonos en Oza.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.2

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.2

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close