Vilaño agarda polas Historias de Inverno

Vilaño agarda polas Historias de Inverno

Vilaño sitúase no antigo e importante camiño que vertebraba a Costa da Morte e que unía, entre outros emplazamentos, o amuraiado Cillobre coa feira de Berdillo e a Brea panadeira.
Neste tramo, á beira das fervenzas do río de Bergantiños, e, en pleno corazón desta fértil comarca, agardan Jesusa Vázquez, Gelasio Varela e Jesús Cotelo para descifrar o mellor da historia recente da parroquia larachesa. Farano despois da presentación de Paco Graña.
Esta próxima parada das Historias de Inverno terá lugar no centro sociocultural de Vilaño. Alí nos vemos ás 19h. do vindeiro mércores día 1 de febreiro.
Grazas á Asociación Cultural Adro de Vilaño.
Fotografía da web do Concello da Laracha.