Escola Ambiental

A ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA vai dirixida a nenas e nenos de entre 3º a 6º de primaria , aos cales pretende achegar ao patrimonio cultural, ecolóxico e paisaxístico do seu entorno máis cercano, a través de actividades que teñen lugar todos os fines de semana dende novembro a xuño.

Escola Ambiental Ramil-Rus

Escola Ambiental Ramil-Rus

¿Qué pretendemos con esta ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA?

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova loitamos por defender e poñer en valor o patrimonio cultural, ecolóxico e paisaxístico da contorna, a través de diversas accións que teñen lugar durante todo o ano. A ESCOLA AMBIENTAL nace co envís de achegar aos máis cativos ao patrimonio que teñen moi preto das súas casas e que nunha gran maioría dos casos descoñecen a súa existencía e  a súa gran importancia.

Coincidimos en que os nenos e nenas, nun futuro moi próximo, van ser os/as encargados/as de potenciar e dar a coñecer todo ese patrimonio, pero para iso, primeiro son eles e elas os que se teñen que achegar a él.

Neste obradoiro teñen a oportunidade de coñecer e adentrarse en lugares tan especiais como a férveda de Rus, a férveda de Entrecruces, o fermoso espacio de Razo-Baldaio cun alto interese a nivel ecolóxico e social.

Coñecer a gran importancia dos nosos ríos e os nosos bosques, percorrer o fascinante bosque autóctono da Riberia da Pena.

Descubrir como vivían os nosos antepasados os castrexos, que tiñan abundantes asentamentos en Bergantiños que se seguen a conservar.

Descubrir que se chove tamén se pode disfrutar da natureza, e aprender a maneira para facelo.

Observar a través de telescopios e prismáticos sen que nos descobran, ás aves que percorreron toda europa para vir disfrutar da lagoa de Baldaio.

Achegarnos e coñecer a forma na que os nosos avós e avóas traballaban a terra e coidaban dos animais, e enchouparnos un pouquiño de toda a súa sabedoría. Entre outras moitas cousas.

Escola Ambiental Sesión aula

Escola Ambiental Sesión aula

¿Cómo o facemos?

Durante os 8 meses que dura o obradoiro, realízanse actividades todos os fines de semana. Unhas veces coincidindo as actividades os sábados e outras os domingos.

Os sábados pola mañá teñen lugar as sesións de aula, nas cales a través de diferentes actividades se pretende achegar aos nenos dunha forma máis teórica pero á vez o máis dinámica e divertida posible, aos contidos do obradoiro. Algunhas actividades que se realizan son: debates, visualización de vídeos e documentais, charlas, actividades plásticas como herbarios, maquetas, pintado de muros…, actividades de horta, dinámicas e xogos.

Os domingos en xornada completa teñen lugar as saídas ao medio natural, nas cales se pretende achegar de forma física aos nenos ao noso patrimonio e a natureza que nos rodea, así como a aprender a disfrutar e a adaptarnos a ela en condicións diversas. As saídas poden estar compostas por roteiros de sendeirismo, xogos, dinámicas, actividades de orientación, actividades para coñecer os materiais necesarios para unha boa interpretación da natureza como compases, mochilas, telescopios, prismáticos, material de acampada etc

Todas estas xornadas van acompañadas doutras actividades puntuais que poden coincidir con programas paralelos da asociación, ou saídas e visitas á comunidade, como por exemplo: visitas a museos ou a recursos como os bombeiros, a chegada do apalpador no programa do Inverno Ancestral, rutas de sendeirismo da Primavera en Ruta ou do Outono en Marcha, rutas e charlas nas Xornadas de Interpretación dos Bosques etc. Con esto pretendese integrar aos nenos e as nenas en diferentes actividades ,que realiza a asociación ou outras entidades ,para que poidan beber e enriquecerse delas.

Escola Ambiental Carballo de Santo Antón

Escola Ambiental Carballo de Santo Antón

Unión de forzas

A ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA ao igual que os programas de actividades da asociación, saen adiante grazas a unión de moitas forzas. É moi necesaria e importante a colaboración e o apoio dos concellos, así como o compromiso e o esforzo por parte dos participantes e as súas familias. Pero sobre todo,cabe destacar a gran labor das voluntarias e voluntarios da asociación, que fan posible que todas e cada unha das actividades saian adiante.

Nesta actividade en concreto, son moitas as persoas que arriman o hombreiro como monitores/as ou colaboradores/as, e sen o seu compromiso, ideas, traballo e esforzo non sería posible manter unha actividade tan ambiciosa e tan longa no tempo como é a ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA.

Voluntarias e voluntarios que antes de que comece a actividade se encargan de publicitala polas máis de 60 clases de 3º,4º,5º e 6º dos centros de ensino , de pegar e repartir  material gráfico, preparar as sesións de aula, buscar información e ideas sobre novas actividades ou proxectos que se poden realizar durante os 8 meses de taller…

Son pois, xunto coas nenas e nenos, a forza e a enerxía para que actividades deste tipo saían adiante.

Se queres formar parte do equipo de traballo ponte en contacto con nós, e se eres unha nena ou neno de 3º,4º,5º ou 6º, APÚNTATE. A resposta das rapazas e os rapaces e as nais e pais  foi tremendamente positiva, xuntando en pouco tempo as prazas ofertadas polo que no momento de apuntarte pode que as prazas estén cubertas. Temos constantemente unha lista de espera na que te podes anotar.

ÚNETE A NOS, E XOGA NA NATUREZA DO TEU ENTORNO!!!

Escola Ambiental Igrexa Artes

Escola Ambiental Igrexa Artes

 

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close