Dende a Asociación Ambiental Senda Nova queremos seguir a celebrar o Día Internacional dos Humidais. Fai dous anos organizábamos as XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DE BALDAIO e este ano queremos potenciar, coñecer e traballar na conservación dun dos espazos de maior interés peninsular en canto a avifauna: O ESTEIRO DO ANLLÓNS.
Pretendemos achegar a todos a riqueza biolóxica do humedal en canto a aves e flora e tamén estudiar o esteiro do Anllóns no que conleva ó séu marisqueo, o deporte que se practica aquí e tamén ver como, ó longo da historia foi aproveitado como medio de vida das sociedades antigas.
Trátase pois de ver a desembocadura do río de bergantiños dende as máximas prespectivas posibles e aportar ideas para que este espazo natural de excepcional non se agreda e siga conservando os séus valores.
Agradecementos ós persoeiros que nos aportarán nas xornadas ós séus coñecementos pola súa disponibilidade e grazas tamén as institucións colaboradoras: Concello de cabana de Bergantiños, Concello de Ponteceso, Grupo Naturalista Hábitat, Asociacion de Mariscadoras do Río Anllóns e Clube Náutico de Cabana de Bergantiños.
Anímate e participa:
Entrada libre ata completar aforo nas actividades do local social de Neaño do sábado 4 de febreiro. Participación libre na ruta de senderísmo do domingo 5 podendo ter as prazas limitadas. Preferencia para os asistentes á xornada anterior.
Programa:
Sábado. 4 feb. L. Social de Neaño Cabana de Bergantiños
16h. Presentación das xornadas. Jose Manuel Menéndez Presidente da A. Ambiental Senda Nova
16:15h. Proxección do documental: “Cabana sostible” e charla “Aproveitamentos do Esteiro do Anllóns ó longo da historia”
Ángel Eiroa Posedinamizador turístico e cultural do concello de Cabana de Bergantiños
“ O deporte náutico na enseada da Ínsua”
Martín Martínez RiobooPresidente do Clube Náutico de Cabana de Bergantiños
17:30h.Presentación do documental “As mariscadoras do río Anllóns” Julia Haz Barrientos Presidenta da Asociación. de Mariscadoras do Río Anllóns.
18:15h. Descanso
18:45h.Charla “Importancia ecolóxica dos humidais” Antón Vázquez Corral Presidente do Grupo. Naturalista Hábitat.
19:15h.Charla “As aves no espazo natural da desembocadura do Anllóns” José Luis Rabuñal PatiñoOrnitólogo.
Domingo 5 Febr. Ponte de Ponteceso
10:00h.Roteiro de sendeirismo polo esteiro guiado por Javier Couto Castro dinamizador cultural e turístico do Concello de Ponteceso. Parada para o avistamento de aves monitorizado por José Luis Rabuñal PatiñoOrnitólogo.
Participación libre na ruta , podéndose limitar as prazas
Este ano, a actividadade
desenvolta por Senda Nova adicada ós bosques levaranos ata o Courel.
Como en anos anteriores, é obxectivo da asociación con estes programas
dar a coñecer a riqueza dos bosques autóctonos e adentrarnos nos porques
da súa conservación. Intentamos conectar ó máis posible coa poboación
local a través de persoeiros e entidades que nos acheguen á súa
xeografía, tamén dende os eventos locales aprender a disfrutar deles.
Este
ano viaxaremos ó Courel os días 12 e 13 de Novembro , unha comarca
illada durante anos, cunha enorme riqueza ambiental e cultural, cuna de
persoeiros como Uxío Novoneira e cuna de bosques dos mellor conservados e
máis importantes de toda a peninsula. Temos a obriga de coñecer a nosa
riqueza ambiental e temos a obriga de respectala e protexela das
numerosas actiacións antiecolóxicas que se están levando a cabo nestas
zonas privilexiadas e esquecidas en moitas das ocasións.
PROGRAMA
* Saída dende Carballo, Pazo da Cultura as 5h. do Sábado 12 de Novembro
*
Chegada á Seara ( Quiroga) e inicio do roteiro de sendeirísmo que nos
levará dende alí ata Seoane do Courel.Na marcha percorreremos: Lagoa e
campa de Lucenza, polos pes do pico Formigueiro ( o máis alto da serra
do Courel), aula de natureza de Moreda e atravesaremos a importantísima
Devesa da Rogueira ( bosque autóctono)
Roteiro de 17 km de percorrido, desnivel máximo en ascenso: 500 m.
* Sábado 18h. Participaremos antes de cear na Festa da Castaña de Seoane.
*Pernocta no refuxio da Seara.
* Domingo á mañán: Roteiro curto de senderísmo polo Val das Mouras.
* Despois de comer visitaremos no coche diverso patrimonio cultural da zona como Castro de Vilar.
* Chegada a Bergantiños de domingo á noite.
IMPRESCINDIBLE
Roupa e calzado axeitado ( de abrigo) impermeable, saco de durmir, lanterna, navalla.
Como inscribirse ou opter máis información?
Antes de inscribirte informate no enderezo sendanova@hotmail.com no tf 696155232 ou a través do facebook.
A inscripción custa 75€ , para os socios 65€ e os menores a metade. Inclúa viaxe, pernocta en refuxio e comidas.
A data límite de inscripción é o Martes día 8 de Novembro, no número de conta de la caixa 2100-2322-42-0200109227
facendo constar nome, apelidos e o concepto BOSQUES 11.
O
mércores día 9 de novembro ás 20:30 terá lugar unha xuntanza necesaria
previa dos participantes apuntados que servirá para sacar máis partido á
actividade.
AGRADECEMENTOS A SOS COUREL POLA SÚA DEFENSA DA COMARCA E POLA COLABORACIÓN CON NOS.
BERREA 2011 RESUMO ACTIVIDADE
Deiteime só cun saco no
campeiro disposto a durmir cando eran eso das tres da mañán, foi
mirando un ceo de millóns de estrelas. Era a única luz que podía
divisar mirase a onde mirase, porque alí, na Campa La Ortigosa, a 900
metros de altura, estamos moi lonxe da enerxía eléctrica. Nunca tan
sinxelo foi percorrer cun leve movemento de ollos as constelacións que
lembraba dos meus viaxes co instituto ó planetario da Casa das Ciencias
e lembreime tamén dos pelegríns que poderían estar seguindo o rastro da
cabra que perdeu o leite no ceo negro, para chegar a Compostela. Só
vía ceo. Atrás quedaran 5 horas de camiño en coche e máis de tres horas
de marcha a pé incidentada, que salvou máis de 500 metros de desnivel.
Atrás quedara son da auga e, pode ser, algún lobo. Atrás quedaron tamén
os meus compañeiros de marcha. Os outros dezanove que completaban a
expedición heteroxénea en idade decidiran rematar a andaina tan só 100
metros antes, onde comeza a campeira, perto da fonte.
Eu,
máis alto e sen árboles, teño máis privilexios visuales, pero eles,
perto da fonte escoitarán mellor os centos de chocos de vacas e eguas
que aínda pastan nos montes de Llaviana. O son acompañase cos berros dos
nosos protegonistas da aventura: Os cervos en celo.
Poucas
horas de sono ata que nos ergemos e montamos os equipos telescópicos e
prismáticos para intentar ver o que tiñamos escoitado toda a noite. Só
un se deixou ver. O inusual calor destas datas levaba ós cervos a
desaparecer entre as matas apenas despuntaba o día e a nosa excursión a
berrea levabase placentera pola fermosa paisaxe de ceo azul, polo
compañerismo, e pola excelente temperatura que non dificultou as
excursións dende o lugar de pernocta. Pero non polos avistamentos dos
cérvidos.
Pero pouco a pouco, a medida que avanzaba a fin
de semana e a paciencia dos observadores aumentaba, os resultados
comenzaban a chegar. Varias femias con crías o anoitecer do sábado.
Varias femias e varios machos nas primeiras luces do domingo. Os
observadores subían en gañas e os telescopios enfocaban cada vez máis
pezas ata que, depois do seguimento dos mamiferos puidemos divisar o
maior espectáculo visual do fin de semana: A pelexa entre dous grandes
machos.
Imaxinámonos entón os chasquidos das pelexas
nocturnas escoitadas de noite, pero velo era diferente. Todos pasamos
polo telescopio e polos prismáticos para ver o espectáculo.
Despois
recollemos e baixamos buscando xa, no coche, o avituallamento autóctono
preparado no borde sur da serra de Peñamayor. A comida poñía inicio á
viaxe de volta e fin a Berrea 2011.
Os cervos gardaranse a
partires de agora e non se ensinarán xa. Soportarán un duro inverno e
un periodo de xestación que chegará a maio, cando naza un novo membro.
Nos, prepararemosnos xa para o ano que ven recordando cousas deste e
mirando as fermosas fotos dos meus compañeiros de viaxe. Grazas por
sacalas.
Actividade organizada pla Asociación Ambiental Senda Nova no Alto Nalón
asturiano en plena época en celo dos venados. Ten como obxectivos o
avistamento e estudo do cervo nesa mesma época. A practica deportiva e
de aventura no marco do entorno natural. O coñecemento do entorno
ambiental e cultural de Asturies en xeral e do Alto Nalón asturiano de
forma específica. Establecer hábitos saudables e de convivenza no marco
natural os pes do Parque Natural de Redes. Prezo 75€ 65 Socios
menores a metade.
Reunión previa o mércores 28 ás 20:30 no Pazo da Cultura de Carballo INFORMATE ANTES NO TF 696155232 sendanova@hotmail.com
PROGRAMA Venres 30 16:30. Saída dende o Pazo da Cultura de Carballo cara Llaviana.20:30. Subida en roteiro de sendeirísmo ó lugar de pernocta.
23h. Montaxe de tendas-vivac cea e velada.
Sábado 1 7:00. Desmontaxe de tendas e tempo de avistamento (dende a zona
de pernocta)
10:00. Almorzo e descanso.
13:30. Comida.
15:h Roteiro ascensión al Picu la Xamoca (1281m) ( optativo).
18:30 Baixada ó lugar de pernocta e tempo de vistamento.
21: 00 Montaxe de tendas-vivac, cena e velada nocturna.
Domingo 2 7:00 Desmontaxe de campamento e tempo de avistamento.
10:00 Almorzo, recollida de material e descenso a El Condáu.
12:00 Ducha.
13.30 Comida nun bar ( a poder ser de aldea e comida caseira,
dependerá do número de participantes).
16:00 Posibilidade dun roteiro curto. e/ou visita a algún centro de
interpretación ( dependendo tamén da aprticipación).
O domingo pasado chegamos a
Compostela despois de percorrer os 53 km polos que se desenrolan AS
SENDAS DO APOSTOLO. Os 15 participantes desta edición foron os
encargados de facer que o roteiro se celebrara por 5º vez consecutiva no
ambiente cordial e de espírito de convivenza característico e necesario
para pasar un fin de semana na compaña dos colegas camiñantes. O nexo
de unión entre tanta fermosa corredoira foi en Benza- Trazo. Lugar de
descanso, de mantenza e, desta vez, lugar de fortísima choiva que
dificultou a montaxe do campamento, a velada nocturna e a comodidade da
carballeira, mais non aminorou en nada o afán por chegar percorrendo os
carreiros faltantes para chegar a Compostela.
Con todo , a
marcha transcurríu sen máis incidentes que os das pequenas ampollas
dalgún camiñante debaixo do expléndido sol domingueiro. Tentaremos
visitar a Férvenza de Entrecruces, o Castro de Ouxas, a Igrexa de Rus, a
Capela de Augas Santas, POnte Chaián....antes das VI SENDAS DO APOSTOLO
pero, non puidendo ser así, o verán que ven pasaremos de novo.
Tiñades
moitisimas cousas interesantes para facer pero achegachedevos hoxe ata
Segufe: GRAZAS MOITAS. E a Rexubeira de Bergantiños millons delas cheas
de afecto e cariño, pola colaboracion con nos e co mundo. Vai o noso
bico de parte de todos e o mais sinxelo Feliz Cumple de parte de Senda
Nova e de todolos que ali acudiron.UN APERTON.
CORISTANCO HISTORICO é un roteiro especial. Por longo, pola ausencia de asfalto, polo numeroso patrimonio e variado. Conservadísimas mámoas, castros, xoias arquitectónicas como a Torre de Nogueira, paisaxe natural como nos muíños da mesma aldea ou no Rabiñoso ou no alto de barilongo onde atopamos tamén os vestixios históricos das minas de volframio... Sin dúbida solo as suas xentes poden estar a altura de esta xoia de roteiro. Están. A participación dos autoctonos na marcha voltou a ser excelente, mais que en ningunha outra unindose para chagar ás 60 persoas e demostrando o compromiso pleno coas suas parroquias. Esta conducta é o gran "roteiro", o obxectivo máis importante que poderíamos ter acadado.
Non me sinto redundante en voltar a regalarme de novo nos meus agradecementos a tantos bos persoeiros de Seavia, Couso, Ferreira e Cuns que tanto nos aportaron nesta segunda edición de CORISTANCO HISTORICO. Voltamos a dicir Jose A. Andrade, toda a familia Rabuñal, Susana, ou a grandisíma Asunción Antelo, representantes estelares das parroquias coristanquesas, da arte e do apoio as iniciativas a prol do territorio.
Vai para todos vos e todos os participantes indíxenas e orgullosos que tanto nos aportan, os nosos parabens e o noso máis sincero agradecemento.
Lembreime antes de chegar ó Pazo da Cultura das miñas sempre reiteradas advertencias ós inscritos nos roteiros en canto o equipo que un sendeirista ten que levar. Fíxeno mirando un ceo azul intenso sen nengún risco da máis mínima ameaza de choiva e pensando no meu afán de que todo o mundo que se apunte nesta II Primavera en Ruta leve sempre un impermeable na mochila. Certamente este día de abril enganárame e nada tiña que ver co mes en cuestión nin cos chubasqueiros. Enganou tamén pois a algunha rapaciña das máis novas que elixíu, vendo o ceo, o pantalón curto para moverse nas beiras ortigosas e silveirentas do curso medio do Anllóns.
Sexa como for, o círculo das 70 persoas reunidas na saída para recoller a mantenza impoñía. O número de camiñantes bateu todos os records de participación que se foran acadando anteriormente. Destacaban, como sempre, os máis novos. Ós adolescentes do IES PARGA PONDAL sumase sempre un trío de rapaces de 7 e 8 anos con gran futuro en canto a esforzo e compromiso que , non só rematan cada un dos roteiros nos que participan senón que a súa atención e sentido da responsabilidade poderían ser envidiados por moitos maiores.
A serpe multicor subíu cara a capital da parroquia de Sísamo totalmente unida e alí cerca da igrexa , onde esta o Pazo do Souto e o castro de Picho, fixemos a segunda parada despois de que Evaristo nos voltara a sorprender coa súa sapiencia descubrindo e desmenuzandonos o que é unha mámoa na chegada o lugar dos Vilares.
Fomos entrando en materia entre as pistas en agradecida sombra por Vilar de Suso e Ceide e alí enriba dos muíños que levan nome da aldea escoitamos de novo o Anllóns e o séu fermoso eco no intransitable e encaixonado val. Máis forte a máis aínda ata que alí no grande muíño, os séus donos nos abriron as portas da construcción e do río, que acariciamos por primeira vez no percorrido. Abrazámolo unha e outra vez, sentindoo paseniño en cada volta, cada retorta, cada fermosa ponte de madeira que sortea as numerosas venas que suman e suman para un gran Anllóns. Vímolo crecer desde os camiñiños minusculos mantidos grazas os troiteiros e polos carreiros e en fila de un fixemos que a expedición se alongara centos de metros na beira carballesa do río.
O río comezou a correr forte xa en Coristanco, demonos conta de que os muíños de Verdes estaban cerca. Recibíronnos con cheiro a churrasco facendose. Nos, xa con fame dabondo, serviunos o enorme bocadillo para repoñer as forzas gastadas na metade do percorrido que levabamos feito. Despois veu xa a beira pontecesana e as explicacións de Evaristo en canto os movementos xeolóxicos, a Pontedona, as historias do lugar relacionadas coa II guerra mundial e a importancia dos cauces fluviais. Foi perto da aldea de Vilaverde, nome que tamén leva un verme habitante do río nesa zona.
riqueza ambiental, sobre todo en aves, da presa de sta Mariña veu despois e de seguido, o tramo aventurero nos pasos complicados de sendas costentas, taludes e escadas de man que tiveron que salvar as canles artificiales para poder chegar a capela de sta Mariña. O lugar de cultos xa precristiáns asentase nun vistosa balconada natural que divisa a retorta do río e as aldeas do veciño Coristanco. Este enclave da parroquia cabanesa de Corcoesto ten ó seu lado as romanas minas de ouro, explotadas ata recentemente e onde aínda se estan a realizar prospeccións. A carballeira alí situada alberga unha fonte, pero desta vez os sedentos camiñantes conformaronse coa limpa aunga que descurre polo regato adxacente, pois o caño principal carecía do prezado elemento.
A Casa da Torre e o séu escudo da inquisición xa nos marcaban o final dos casi 20 km de percorrido. Xa se vía a Igrexa de Corcoesto. Fora unha expléndida xornada de convivenza na que os máis novos tomaron un excelente e prezado protagonismo polo séu compromiso educación. Foron case 20 km de aprendizaxe, de deporte e sobre todo de espirito de aventura nun entorno bergantiñán cuna da identidade da comarca.
Comezamos na capela de Sta Mariña o roteiro que nos ía levar por un dos areais máis extensos de Galiza. A capela, trasladada alí dende a aldea do mesmo nome, veu relevar antigos cultos precristianos evocadores da fertilidade segundo Evaristo, hoxe si e coma sempre, connosco e alimentandonos de coñecemento. Sorteamos leiras cultivadas ata ben perto do mar e do veciño Malpica, antes da Punta do Chan de Razo. O entrante no mar fai delicias paisaxísticas nos 42 camiñantes, poñendo o limite do medo dos altos acantilados como única barreira capaz de parar uns pasiños máis na procura da mellor fotografía. Fíxose a de grupo, xuvenil na presenza, grazas ós abondosos rapaces é ó espírito dos de máis idade, patente nas costas arriba e na marcha pola forzosa e gorda aréa do arenal de Razo que percorremos case que por completo, non sen antes desmenuzar a importancia da praia fósil, do sistema dunar, da marisma, e tamén da lagoa. Lugar que tubo constancia da presenza dos participantes comendo o bocadillo. Da importancia ecolóxica e social de Baldaio voltou a falarnos Evaristo, e tamén Xosé Antonio, evocando historias que o relacionaban dende tempos coa costa carballesa.
Sorteamos a lagoa pola marisma e foi despois cando se viu o paraiso en prespectiva dende as aldeas e lugares que dende sempre viviron dun marisqueo misturado coa agricultura. A camiñata rematouse dende o mirador de Sta Irene. Pousado á veira da capela e enriba dun castro, este lugar da parroquia de Lema, é un dos sitios mellores para divisar a costa carballesa. E tamén o percorrido que fixemos.
Abríuse o camiño e o ceo en Gontade. No pazo que leva o nome da aldea da parroquia de Ardaña, abríronnos as portas da amabilidade ó contarnos parte da historia da construcción do S. XVI e tamén ó mostrarnos de novo a machada de pedra con 7000 anos de historia. Adentrámonos no corazón da parroquia e do fértil val na zona do igrexario, lugar que preside un bonito e importante cruceiro, hasta fai pouco con restos de policromia, e máis tarde valoramos e discutimos sobre a existencia dun novo castro no noso percorrido. Foi a preparación para a subida máis importante: Chegar a Peniqueira.
O ascenso iniciase ó longo dunha antiga e preciosa corredoira incrustada no terreo e marcada por loureiros e carballos. Facían sombra as pegadas do esquio e o porco bravo, camiñantes que cruzaron o lugar coa antelación suficiente para non atoparse có grupo de 41 persoas abondoso de xente nova de calidade en compromiso e comportamento.
O segundo tramo de ascenso confirmou as amezas de choiva e a dificultade dos camiñantes agrandouse, tamén Noa, a máis nova da expedición ,que contemplaba entre sono e sono e no colo da súa nai, o esforzo dunha subida que rematou nos 353 m da Peniqueira, nos 7000 anos das duas mámoas que alberga o monte, e na recuperación da respiración pausada duns camiñates xa sen chubasqueiro.
Despois comemos o bocadillo debaixo do sol e dentro do recintro castrexo de Coto do Castro. Bebemos auga mentres divisabamos as expléndidas vistas, alí, na croa do castro, que limita as parroquias de Rus, Ardaña e Artes. No lugar é fácil interpretar o poboado castrexo: Os recintos interior e exterior, a zona que albergaría as edificacións... fannos retroceder 2000 anos no tempo e valorar a importancia da grandísima aldea prerromana.
Baixamos a Vilardefrancos e alí escoitamos as explicacións minuciosas de Antonio, que nos alumbrou cós coñecementos dun home de longra traxectoria no traballo para o Pazo. As casas dos caseiros, a torre inicial da que partíu a edificación actual, a campana de entrada, os xardíns ... foron explicados punto por punto con claridade.
Despedímonos de Vilardefrancos non sen antes visitar ó Carballo de San Antón. Abrazámosnos a árbore senlleira intentando darlle o cariño que merece unha planta que víu casar a xeracións de carballeses. Nunca poderemos descifrar o que, o cabo de centos de anos a simbólica pranta puido ter vivido ós séus pés.
Vimos sombreiras en Pontenova e percorremos o fermoso camiño que nos leva ó Picoto, antes de chegar a igrexa de S Xurxo de Artes. Alí descansamos e tomamos forza para subir ó mirador que se presenta no lugar das Pallas. E alí, pero do Pazo do mesmo nome, rematamos o percorrido polas Terras do Marqués e seguimos co coñecemento do entorno dende Sofán na presentación do minucioso traballo do Instituto de Estudos Bergantiñáns. Un domingo de coñecemento
A brétema movíase e pechaba moitas veces a visión das aldeas de Xende e Tasende. Facían imposible explicar a situación xeográfica ás case 30 persoas que desafiaron o cámbio de horario e as previsións metereolóxicas decidindo así inagurar a nosa II PRIMAVERA EN RUTA con estes Camiños de Aldemunde. A entrada paseniña no bosque da Ribeira da Pena fíxose con treguas escasas de tamén escasos raíños de sol entre altísimos eucaliptos invasores que comen día a día a xoia dunha " Ribeira " en regresión por mor deles e das talas de especies autóctonas.
O orballo pasou de "mollabobos" e fíxose persistente no corazón do bosque verde onde o mofo subía e subía polos talos de castiñeiros, carballos, acibros e das abeleiras que lle dan nome ó río, protagonista da Ribeira da Pena e das aventuras dos participantes ó ter que sortealo unha, outra e outra vez ata que os camiñantes acabamos entendendo o bosque, o cheiro a humidade, a sensación de paz e a concordancia plena deste espazo con días " galegos" de orballo, brétema e esforzo como estes.
Coincidíu con sol e coas minuciosas explicacións xeolóxicas de Evaristo Dominguez Rial a saída do paraíso autóctono e o camiño seguíu ata que Xesús do Regueiro nos mostrou o séu muíño e nos fixo entender todos os derruidos do bosque por onde pasaramos.
Despois veu o bocadillo preto da igrexa parroquial de Aldemunde, a subida ó Castro, onde retrocedemos miles de anos para poñernos na pel dos antigos celtas e o dolmen da Pedra Moura, un lugar de enterramento que visitamos uns 7000 anos despois da súa construcción e que puxo colofón á nosa marcha e comezo doutra orballada. A choiva da vida.
23-03-2011 Presentacion da II PRIMAVERA EN RUTA . Tivo lugar no telecentro de Carballo. Explicamos os obxectivos do programa e desmenuzamos roteiro por roteiro. Intentamos poñer en coñecemento os lugares por onde pasan ditas rutas a trav...es dunha presentacion fotografica da I Primavera en Ruta. Agradecer de forma especial a Evaristo Dominguez Rial a sua presencia con nos na importante labor de explicar cpunto por punto moitos dos roteiros que deseñamos. Grazas Protecion Civil de Carballo, o Concello e a todolos representantes de concellos e entidades colaboradoras que asistiron o acto.
Para apuntarte a cada un dos roteiros debes facelo no Telecentro de Carballo ou na base de Protección Civil de Carballo cunha antelación mínima de dous dias. Cubrindo e asinando o impreso correspondente. O impreso atoparalo en cada un dos sitios mencionados ou nesta web. O prezo da ruta son 5€. Consulta o cartel.
Un ano más viaxaremos a Llaviana- Asturies a disfrutar do espectáculo da berrea. A berrea e, como sabedes, a época en celo dos venados, é onde estes se atopan máis descoidados e se deixan ver con máis facilidade procurando, os machos, os favores das femias.
O 17, 18 e 19 de setembro teremos a oportunidade de sentir o espectáculo dende os montes do concello de Llaviana, no Alto Nalón asturiano e perto dos lindes có parque natural de Redes.
Programa:
Saída dende Carballo o venres 17 despois do xantar, chegada a Llaviana ás 20 h e subida nocturna ata o lugar de pernocta. 5 km, 500 m de desnivel.
Sábado 18 : Todo o día na zona dos altos de el Condáu. Disfrutando do espectáculo e realizando diversos roteiros curtos de sendeirísmo.
Domingo 19: Aproveitar tamén ó amencer para disfrutar do espectáculo e despois do almorzo recollida de tendas e baixada para ducharse, comer e retorno a Carballo. É posible se o tempo o permite a visita a algún museo da zona antes do retorno.
Prezos: 80 € para os socios 60€ Inclúe o desplazamento, prestamo de tendas, esterillas e equipo de visión e comidas.
Máis información e inscripcións (CHAMAR ANTES DE CUBRIR FICHA) 696155232 Prazas limitadas.
IV SENDAS DO APOSOLO ( ACTIVIDADE)
Os días 28 e 29 de agosto e o 4 e 5 de setembro percorremos as IV Sendas do Apostolo que nos levaron a pé e en BTT ata Compostela dende Bergantiños. Por primeira vez a marcha en bicicleta foi en dúas xornadas, permitindo ós ciclistas disfrutar do paraiso da carballeira de Benza ( Trazo) ata ben entrada a madrugada e ó son da musica que os participantes poñían da súa voz. A marcha a pé tamen foi tan interesante coma sempre percorrendo ambalas dúas igrexas como as de Rus, Benza ou Entrecruces, capelas como as de Augas Santas ou Abelenda , espazos como Chaián ou a férveda de Entrecruces, ou castros como o de Ouxas. Voltarán a esperarnos ditos sitios..para o ano.
O 28 e 29 de realizaremos por 4º vez consecutiva a marcha a pé polo roteiro AS SENDAS DO APOSTOLO, deseñado por membros de Senda Nova fai uns anos. O percorrido realizarase en dúas etapas, facendo noite na carballeira de Benza como xa é habitual durante estes anos. A chegada a capital de Galiza realizarase despois durante a tarde do Domingo.
Cara a seguinte fin de semana o mesmo percorrido, e tamén en dúas etapas farase en BTT, e nesa actividade contaremos ademáis de coa colaboracion dos concellos de Trazo e Carballo, proteccion civil de Carballo, Deputación e parroco de Benza, coa experiencia e colaboración do clube ciclista MOnteneme e a Peña ciclista Media Ducia da capital Begantiñana.
Os obxectivos da actividade que coo vemos, prolongase durante dous fines de semana son o coñecemento do patrimonio ambiental e cultural de todas e cada unha das parroquias que visitamos, de todos e cada un dos lugares, motivo polo cal, foi deseñado este percorrido. Pretendendo escapar do asfalto e poñer en valor as antigas corredoiras.
O espírito de convivenza, o caracter relixioso, e o espírito de aventura son outros dos componentes da actividade, así como o tempo lúdico na fermosa carballeira de Benza.
Prezos para unha ou dúas rutas ( a pé e en BTT)
20€ socios de senda nova e asociación colaboradoras 10€ menores de idade 10€ menores de idade socios 5€
Os prezos inclúen as pernoctas en tenda ( o que non a posúa) comidas, asistencia e viaxe de volta a Carballo.
Para facer a túa inscripción podes cubrir a ficha de inscripción que atoparás nesta mesma páxina ou na mesma cafetaría do Pazo da Cultura .Asinaras a ficha. Indicarás na ficha se vas a unha ruta ou as duas rutas e se posúes tenda de campaña. Así como se eres socio dalgunha das entidades colaboradoras.
Recortarás a parte inferior da ficha onde che ven o numero de conta . Entregas a parte de arriba na cafetería do Pazo da Cultura antes do xoves anterior ó dia da marcha ( a pé ou en BTT) e coa parte de abaixo ( onde ben o numero de conta )fas o ingreso correspondente na caixa de pensións, na rúa valle inclán indicando o téu nome e apelidos e no concepto poñerá " 4º SENDAS DO APOSTOLO".
Calquer dúbida ponte en contacto con nos.
Vémonos nas corredoiras.
FESTA DO BOSQUE 27-06-2010
O día 26 de xuño coincidindo coa Festa do Bosque citámonos no esplendido espazo natural carballés membros de Senda NOva, participantes das actividades da asociación e amigos e familiares. Foi un día de festa onde todos o pasamos moi ben aínda con traballo e moito que houbo que facer.
Servíu tamén para pechar de forma exitosa o programa Primavera en Ruta. Que mellor peche estelar. Presentaronse proxeccións fotográficas na tenda da asociación, así como de vídeo. Momentos emotivos foron a entrega de diplomas a colaboradores e participantes dos roteiros. E como non, foliada e máis foliada ata que os fogos de artificio se divisaron dende O Bosque.
MARCHA A PÉ DENDE RUS ATA A FÉRVEDA CO IES A. BRAÑAS
O 22 de xuño, xa case no S Xoan, o Departamento de Educación Fisica do IES Alfredo Brañas organizóu unha marcha á Férveda de Entrecruces para despedir o curso escolar. En dita marcha participaban os profesores do seminario e 40 alumnos de 1º de bacharelato e desde Senda Nova fomos invitados a apoiar a iniciativa que percorria un tramo do nosos roteiro As Sendas Do Apostolo. Foi interesante dar a coñecer entre a poboación nova estes paraxes, estas corredoiras e o que significaban a nivel histórico asi como a interpretación do entorno e de lugares como a igrexa de Rus ou a Férveda de Entrecruces e o séu entorno. Como colofón, a costa que chega ó mirador da férveda onde a paisaxe bonita sorprendeu a máis de un que non coñecía o lugar. Agradecementos especiales o departamento de Educación Fisica e tamén ós rapaces polo séu comportamento e actitude positiva.
O 13 de Xuño rematamos a nosa Primavera en Ruta. 20 km separaban Seavia da Férveda do Rabiñoso, na parroquia de Cuns. 20 km que tardamos en percorrer case 10 horas. Eran case que as 9 e media da tarde cando chegamos a citada ferveda. Atrás quedaron precisas explicacións de Evaristo e de J. Antonio, de Asunción, Susana e Chucho. De Miguel e a xente maior das parroquias que veu connosco ó grande Coristanco Histórico. O tempo foi moito e bó grazas a todos os compañeiros de andaina e os que aportaron para que este roteiro multitudinario servira para desmenuzar os encantos de Seavia, Couso, Ferreira e Cuns.
PRESENTACIÓN CORISTANCO HISTÓRICO PRIMAVERA EN RUTA
O programa " PRIMAVERA EN RUTA" organizado pola nosa asociación remata o vindeiro Domingo día 13 de Xuño. Farao cun éxito de participación e cumplindo os obxectivos cos que o programa comezou alá polo mes de Marzo. O principal, como sempre reiteramos: A posta en valor, o coñecemento do noso patrimonio que posuímos na zona.
O roteiro do próximo domingo " Coristanco Histórico" levaranos ó sur do Concello Bergantiñán, o que percorreremos nunha marcha duns 20 km de percorrido que atravesará as parroquias de Seavia, Ferreira, Couso e Cuns e que se parará en lugares de interese como o Museo de Asunción Antelo, as Torres de Nogueira, o castreo do Vilar, o monte de Varilongo ou as igrexas parroquiais das catro parroquias.
Dito roteiro ,organizado e deseñado pola Asociación Ambiental Senda Nova, é a primeira vez que se percorre. É por iso que se celebrará unha presentación de " Coristanco Histórico" este venres 11 de xuño as 21 h. no local social de Currás de Abaixo ( Couso). A dita presentación, ademáis de representantes da Asociación Ambiental Senda Nova e público en xeral, acudirán integrantes das asociación culturais das parroquias por onde pasa a ruta así como representantes do Concello de Coristanco e tamén o historiador Evaristo Domínguez Rial que nos falará da importancia dos lugares de paso do roteiro. A entrada será libre.
Asimesmo, os interesados en inscribirse neste vindeiro e último roteiro, lembrar que poden facelo antes do venres no telecentro do Pazo da Cultura ou nas oficinas de Protección Civil de Carballo. Ó venres día 11 no local social de Currás e o remate da presentación tamén se poderá apuntar a xente.
30-05-10 TRAS AS PEGADAS DO VOLFRAMIO PRIMAVERA EN RUTA
O quinto roteiro de Primavera en Ruta desplazounos o monte que foi sagrado polos celtas. A maxia de Monte Neme ( nemetum) contaxiounos grazas as súas correoiras e as historias antigas sobre a Eira das Meigas e as antigas minas de volframio que enriqueceron a moitos e empobreceron a outros que, nunhas condicións pésimas sudaron o pelexo nas minas buscando o, xa daquela, prezado mineral.
O grupo de 30 persoas non acusóu demasiado nin os 15 km de percorrido nin os desniveis, que neste roteiro, alcanzaron os máis de 300 metros de altitude. Foi grato comartir camiñata con grandes compañeiros xa, e foino tamén porque Eladio, Siro, Fina, Matilde e Carmen encargaronse coas súas verbas de facernos retroceder no tempo e introducirnos nos anos 40 e 50, en pleno apoxeo da minería de Monte Neme. Historias tan certas como creibles que agradecemos de corazón. Aparte nos queda Evaristo, a enciclopedia camiñante que fai de cada paso unha historia e como non, Protección civil de Carballo que aumenta día a día o seu grande compromiso coa asociación e os séus valores. Contar o que nos contaron os maiores no roteiro sería imposible. Pero queda aquí pois, un video dunha parte contada por Siro. Grazas a todos.
O cuarto roteiro do programa PRIMAVERA EN RUTA levounos as beiras do Anllóns. O río de Bergantiños acolleunos un día con ceo clariño e a vexetación das súas marxes baixounos a temperatura tanto coma para situarnola na ideal e disfrutar dunha gozada de paraxes e de compañeiros de andaina. Pontes e máis pontes ata chegar ó bocadillo de Verdes con olor a churrasco dos veciños de comida. Despois a Pontedona e as interesasntísimas explicacións de Javier Couto, que aportou todo o esencial para descubrirnos o mellor de Ponteceso e as zonas limítrofes.
Sta Mariña, a súas historia e as minas de Ouro abrironnos as portas de Cabana de Bergantiños e a parroquia de Corcoesto, coa súa histórica casa da Torre e fermosa igrexa, meta da nosa marcha.
9-05-10 RAZO- BALDAIO PARA PROTEXER PRIMAVERA EN RUTA
O tempo acompañou o xusto para rematar o roteiro mollandose solo o xusto. Mollandose por riba porque a modificación do roteiro por causas metereolóxicas fixo que tiberaos que cruzar a fermosísima ría de Baldaio sacando as botas de montaña. Comprobamos todos a fermosura da costa carballesa e tamén a riqueza ambiental camiñando por todo o entorno e máis aínda polo centro da lagoa, dende onde divisamos varias especies de aves que habitan no humedal.
O segundo roteiro da nosa Primavera en Ruta foinos levar as fértiles parroquias de Ardaña e Artes. Nestas terras carballesas levantárose construccións señoriais nos séculos XVI e XVII pero tamén albergaron importantes restos castrexos e neolíticos que percorremos coa axuda principal de Evaristo Dominguez Rial. Que nos ilustrou cada unha das corredoiras que buscamos e en cada unha das paradas que fixemos. Grazas.
1-04- 2010 CAMIÑOS DE ALDEMUNDE 1º ROTEIRO PRMAVERA EN RUTA
Pronto de máis
Comezou a nosa PRIMAVERA EN RUTA e comezou cos CAMIÑOS DE ALDEMUNDE. A parroquia carballesa acolleunos cun sol claro que penetrou só o suficiente para deixar ver a fermosura dun bosque autóctono ameazado, pero que se mantivo ata hoxe nun estado de conservación propio dos mellores bosques atlánticos. O calor só apretaba fóra do pechado val. Alí dentro pisando as follas secas do inverno á vez que brotaban as novas, estabase noutro mundo. Eso si, o prezo de estancia no paraíso tivémolo que pagar xogando a non mollarse cada vez que tiñamos que sortear o cauce do noso amigo río Abelleira.
Atrás deixaramos bosque, muíños, antigas minicentrais e paisaxe paradisiaco cando as explicacións orgullosas de Xesús do Regueiro diante do séu muiño de auga nos ensinaron o séu funcionamento e como mantelo así, como manter as tradicións, como contar historias de toda a parroquia, como manter o orgullo por ela. O denivel ata o castro sirvíu para desfacer no estómago por completo o bocadillo que fora enorme media hora antes. Observamos como día a día se perden tramos antigos de corredoira antes de entrar en Aldemunde de Arriba e pasando este chegamos a Pedra Moura intentando ver e imaxinarnos tempos moi pasados contados por Xesús. O Dolmen quedou alí, máis nos voltamos a casa aínda con día esplendido e coa sensación de ter chegado pronto a meta.
PRIMAVERA EN RUTA é un programa de roteiros deseñados pola entidade ó longo destes últimos anos. Algún deles xa se abrira ó público noutras actividades , pero a busqueda constante de patrimonio e de corredoiras que unan ese patrimonio escapando do asfalto fai que cada roteiro sufra melloras constantes buscando coma sempre a premisa principal do COÑECEMENTO COMO BASE DO RESPECTO DO PATRIMONIO. o coñecemento e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural, histórico e paisaxístico da comarca de Bergantiños dentro dun marco deportivo, de convivencia e de disfrute do entorno. Farase dentro dun total de 6 roteiros de sendeirísmo pola comarca:
CAMIÑOS DE ALDEMUNDE 11 ABRIL
TERRAS DO MARQUÉS 18 ABRIL
RAZO- BALDAIO PARA PROTEXER 9 MAIO
O SON DO ANLLÓNS 16 MAIO
AS PEGADAS DO VOLFRAMIO 30 MAIO
CORISTANCO HISTÓRICO 13 XUÑO
As inscripcións poderán facerse cunha antelación mínima de dous días antes de cada roteiro, terán un prezo simbólico de 3€ e podrán facerse nas dependencias de Protección Civil de Carballo ou o Pazo da Cultura cubrindo o impreso correspondente e aboando a cuota. Todolos días de roteiro sairase as 9:30 da mañán do aparcadoiro do Pazo da Cultura de Carballo, onde se entregarán as bolsas coa comida a todos os participantes antes de desplazarse o lugar de saída de cada roteiro.
Colabora Concello de Carballo e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo. ( No roteiro Coristanco Historico o concello e protección civil de Coristanco)
A Asociación Ambiental Senda Nova, en colaboración co Concello de Carballo, a Asociación de Veciños Fontesalgueira de Vilela (Entrecruces) e a Anpa A Granxa do CEIP Bergantiños, propón o seu particular homenaxe á arbore o domingo 21 de marzo, declarado Día Mundial Forestal.
O acto terá lugar o domingo 21 de marzo, día de entrada da primavera, ás 12:00 nun entorno tan emblemático e privilexiado como o da Férveda de Entrecruces. Alí, coa colaboración dos alumnos do CEIP Bergantiños, plantaránse acivros donados pola Asociación Fontesalgueira, así como carballos e loureiros adquiridos coa colaboración do Concello de Carballo formando un total de 15 árbores. Darase lectura a un manifesto en defensa dos nosos árbores e rematará a actividade coa visita interpretativa a todo o entorno Férveda.
Conscientes dos beneficios que aportan as masas forestais e das ameazas ás que se ven sometidas, o colectivo pretende contribuír á pervivencia de especies autóctonas nos nosos bosques. Na actualidade son moitos os factores que están a pór en perigo a superficie arborada do planeta (extracción de madeira con diferentes fins, incendios, contaminación, degradación do solo, liberación de espazos para cultivos, gando, construcións, infraestruturas …) Fronte a isto, atopámonos cos múltiples beneficios que obtemos das árbores: materia prima, regulación hidrolóxica e climática, protección e enriquecemento do solo, fogar e alimento a numerosas especies, purificación do aire…
Senda Nova, con este acto simbólico, quere esperta-lo interese polas pequenas accións que poden contribuír a mellora-la situación pola que están a pasar as masas forestais. Nesta ocasión, facémolo dándolle un fogar a estas árbores e comprometéndonos a velar polo seu adecuado desenvolvemento, pero hai outras moitas cousas (que roldan en torno ás 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar) que debemos ter presentes no día a día. Trátase de sumar esforzos e non caer na desesperanza.
As I Xornadas de Interpretación celebradas este ano en relación a Baldaio pecharonse cunha climatoloxía aceptable facendo que a participación da xente e o avistamento de aves na lagoa se poida considerar de moi aceptable.
As xornadas comezaron o sábado 6 cando o historiador carballés Xan M. Fraga nos fixo
introducirnos no Baldaio e no Carballo dos anos 70 cando as revoltas sociais xurdidas da extracción de area da lagoa de forma ilegal encheran Carballo e Baldaio de manifestantes. Puidemos comprobalo no excelente traballo que a tamén carballesa María Rama reflexou no séu documental. Un privilexio dobre ter connosco a Xan porque ademáis vivira queles acontecementos en primeira persoa.
O Domingo foi o día de vivir os paraxes in situ. Así comezaba con un roteiro de sendeirísmo guiado por Jose M. Menéndez que nos levaba desde case que os límites có veciño Malpica e divisando dende excelentes miradores naturais ata a Lagoa de Baldaio, pasando por elementos tan singulares como a praia fósil de Razo ou o espectacular sistema dunar de Baldaio.
Despois da comida e xa perto da lagoa desenrolouse o tempo de avistamento.
Toda a informacion traida polos compañeiros de Hábitat fixo que as explicacións de Maria deran o seu fruto. As máis de 15 especies de aves diferentes non tardaron en aparecer detrás das lupas dos telescopios, que facían case que tocar o animal. Diferentes especies de gaivotas, garcetas, garzas, mazaricos e outras especies limícolas foron algunhas das aves distinguidas.
A choiva ó final fixo que se acortara levemente o tempo de avistamento, pero as máis de 20 persoas ( dunhas 40 participantes en total das xornadas) que se deron cita en Baldaio puidemos contemplar, in situ, a riqueza desta paraxe..
O temporal de vento e choiva dou a tregua desexada para que os máis valentes de Senda Nova e Ecos Astures puxeran rumbo ó paraiso antigo con mínimas garantías de acadar a cima de Tres Bispos.
Os case que 1800 m deste pico que ten tanto de galego como de llionés atopábanse cubertos polo fermoso manto branco. A neve extendiase por todo o cordal dos Ancares e aumentaba alí no fondo, nos enormes 1900 m do impoñente Mustallar. A pesares que os 20 minutos de choiva nos atragantaron a comida, o longuisimo descenso desde a mencionada cumbre (onde se reunian os bispos de Asturies, Galiza e Llión) foi unha gozada. O camiñar entre tons marróns e ocres dos espesos bosques de roble albar dou paso a un acivral con exemplares enormes da especie en perigo.
Chegar ó albergue do Club Ancares e atoparnos de novo coa hospitalidade de Marcial e a súa familia á carón da lareira encendia foi máis valorado xa que a noite xa caía. Comezou pois a foliada, e cos demais integrantes do albegue formamos a piña perfecta para poder dicir que coruñeses, carballeses, asturianos, lugueses...fixeron que o grupo fora só un o redor da baraxa, da lareira e dos cantares de uns e outros. Todo ata as tantas.
Por iso o día amenceu as 11, poñendo rumbo ó Piornedo, despois de vsitar a aula de natureza, por un dos mellores roteiros que podemos facer en coche. Despois da comida no hostal e a visita a aldea retrocedimos só 40 anos no tempo e visitamos a palloza museo que Isolina nos mostra, contandonos o que ela mesma vivíu alí. Certamente admirable.
Pero a noite botabase enriba e o vento e o frío non nos deixou achegarnos ó resto glaciar. Foi entón cando puxemos rumbo a casa dividindo o grupo en Navia de Suarna e dandolle as sinceras grazas a Raquel por permitirnos disfrutar dunha fin de semana así.
Como en anos anteriores en Piloña ( Asturies) e seguindo coa premisa de concienciación, coñecemento, posta en valor e protección do bosque autóctono este ano repetimos a actividade adicada o bosque nunca época do ano no que as árboredas autóctonas mostrannos o máximo esplendor a través dos séus tons ocres e marróns.
A actividade desenrolarase nos Ancares lucenses, no concello de Cervantes e casi na fronteira có veciño León. Alí, onde confluyen as rexións xeográfica mediterránea e eurosiberiana dase unha mestura de flora, e aínda se poden ver especies propias do centro peninsular. Os faiedos ( os máis occidentais de Europa) así como as súas frondosas carballeiras e un número considerable de especies ameazadas como o acivro fan dos Ancares un referente ambiental e un lugar pèrfecto para coñecer in situ os valores do bosque autóctono.
O 14 e 15 de Novembro teremos a oportunidade tamén de empaparnos na cultura dunha comarca que soubo manter as súas costumbres e a súa arquitectura popular ata os nosos días grazas en parte a orografía do terreo e as deficientes comunicacións.
Saída: sábado 14 7h. Carballo Sábado: 10h Chegada a A Degrada ( Cervantes- Lugo) e almorzo no albergue. 10:30h. Roteiro de senderísmo o Pico Tres Bispos ( 1790m) de 24 km de percorrido, dificultade media ( comida en ruta) Chegada pola tarde o albergue, reunión, cena y aloxamiento no albergue de A Degrada.
Domingo: 10h. Almorzo e saída en ruta no coche a O Piornedo ( 40 minutos) Roteiro pequeno de senderísmo por O Piornedo Visita ó pobo e a la palloza- museo 14h. Comida en bar en O Piornedo Saída hacia Cervantes ( direción Carballo ) e visita alí ó museo etnográfico. Saída cara Carballo , Chegada tarde- noite.
Que llevar?
Mochila, saco de durmir, calzado cómodo, mellor impermeable, roua de abrigo, impermeable, bastón de senderísmo, artículos de hixiene persoal...
Inscripciones: 70€ Socios de Senda Nova 60€ DATA LÍMITE 10-10-09
BERREA 09 DESENROLO DA ACTIVIDADE 2, 3 e 4 Outubro
A CHAMADA SALVAXE
Alí, no concello de Llaviana, e a cabalo entre os veciños Piloña e Sobrescobiu o venado está no séu habitat natural e nos comprobamolo de sobra. A luz da lúa iluminounos para ver o suficiente nunhas das noites máis espectaculares. Iluminounos tamén a sorte e o grandísimo esforzo da subida ata a Campa la Ortigosa , nos 880 m de altura, recompensouse con creces.A fin de semana do 2, 3 e 4 de Outubro quedará para a historia como a mellor ata o de agora no avistamento dos nosos protagonistas: Os cervos. Foron moitos, arredor de trinta os que vimos co noso novo telescopio que case que nos facía tocar os animais. As case que 50 persoas que alí nos demos cita puidémolos ver incluso a simple vista e sacar unhas fotos que agora miramos e remiramos con orgullo e que inclúen a fascinante pelexa entre dous machos de venado en plena época de celo.
Todo isto enmarcouse nunha climatoloxía excelente que nos permitíu aguantar ata as tantas da madrugada diante das tendas e só coa luz da lúa e das antorchas, contando historias dos antigos guerrilleiros que poblaron, fai anos, aquelas montañas onde nos estabamos.
A partires de agora a berrea finalizará, as noites serán máis longas, o frío será maior e ós nosos protagonistas agardaralles un longo inverno agochados nos bosques asturianos. As femias soportarán uns duros oito meses de xestación onde serán case que imposibles de ver xa. Nos, en cámbio, seguiremos contemplando as fotografías duns días inesquecibles nun ambiente fabuloso e cunha xente excepcional. Atrás quedaron as longas conversacións coa luz das antorchas, as explicacións de Vicente, as profesionais fotos de Iván e as interesantísimas e entretidas dinámicas de Saray e Marga que conseguiron descifrar que estabamos diante dos perfectos e inesquecibles compañeiros ós que a maioría nunca antes viramos. O compañerísmo, o espírito de convivenza, e o esforzo ( xente chegada incluso de Pontevedra) voltáronse a mostrar, sobre todo naquelas veladas antes de acostarnos. Despois tocaba descansar e fixémolo só co son do vento movendo as polas dos árbores e o dos berros dos machos de venado. Berraron para demostrarnos que estábamos na berrea.