A 9º Primavera en Ruta sae á luz en Oza

A 9º Primavera en Ruta sae á luz en Oza

Presentacion 9 PR

Presentacion 9 PR

Unhas corenta persoas déronse cita no Espazo da Natureza de Oza para inaugurar a 9º edición do programa máis antigo de Senda Nova: A Primavera en Ruta

O acto foi presentado por Jose Manuel Menéndez, coordinador do proxecto e o historiador e membro de Senda Nova Evarísto Domínguez Rial, un dos persoeiros que, ano tras ano, máis aporta no aspecto interpretativo de cada itinerario.

Fincapé se fixo de novo no aspecto do coñecemento, o obxectivo primordial do programa. E é que cada un dos itinerarios foi deseñado de xeito minucioso para poder achegarnos ao patrimonio natural, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira ou Ordes. E é que as oito propostas de itinerario chegan ata o concello de Trazo.

As características das vías foi outro dos puntos a presentar. Corredoiras fora do asfalto e beiras de ríos son os principais viais polos que pasan os deseños realizados, polo que a lama e a terra pode ser protagonista en cada un dos oito domingos nos que se divide o programa.

Ao acto asistiron representantes dos concellos colaboradores ademais de asociación culturais e de veciños que aportan no proxecto. Tamén asistiron representantes de Protección Civil de Carballo e integrantes da Escola Ambiental de Senda Nova así como veciños e veciñas da parroquia de Oza.

Agradecer a todas e todos os asistentes. Agradecer tamén ás asociacións colaboradoras, a Protección Civil de Carballo, ao Concello de Carballo, Concello da Laracha, Concello de Coristanco, Concello de Zas e Concello de Malpica de Bergantiños polo apoio a unha nova edición da Primavera en Ruta.

O día 15 de abril estreámonos. Vémonos na corredoira.

 

De seguido tedes a información completa do programa.

 

  • O SON DO ANLLÓNS ( Bergantiños)

15 abril

Distancia aproximada    21 km

Dificultade media-baixa

  • A FORZA DO RÍO CHONIA   ( Trazo)

22 abril

Distancia aproximada           22 km

Dificultade  media

  • RUTA DAS MÁMOAS ( Cabana de Bergantiños)

29 abril

Distancia aproximada   16 km

Dificultade media-baixa

  • TERRAS ALTAS DE SONEIRA     (Zas)

 6 maio

Distancia aproximada      19km

Dificultade media

  • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE

 ( Malpica de Bergantiños)

13 maio

Distancia aproximada  17 km

Dificultade media-baixa

  • CORISTANCO HISTÓRICO ( Coristanco)

20 abril

Distancia aproximada  21 km

Dificultade media

CAMIÑOS DE CAIÓN        (A Laracha)

27 maio

Distancia aproximada      15 km

Dificultade media-baixa

  • RÍOS DE SOFÁN ( Carballo)

3 xuño

Distancia aproximada  22 km.

Dificultade media

 

APRENDEMOS?

Gozamos con pisar lama fora do asfalto, coas corredoiras antigas, con escoitar en cada parada o interese cultural, ecolóxico ou paisaxístico. Con aprender do noso rural e co noso rural.
Necesitamos do teu espírito

 

ORGANIZÁMONOS?

  • Pasaremos a xornada do domingo xuntos, tamén na hora do bocata, que che repartiremos na saída. Chegamos cando rematemos, porque o tempo é de balde e nos utilizámolo para aprender.
  • Non te preocupes do vehículo, o transporte recóllenos nas saídas establecidas no horario establecido e déixanos no mesmo lugar ao rematar a actividade.
  • Coñeceremos mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
  • Camiñamos xuntos, en grupo.
  • Integrámonos nas dinámicas.

 

LEMBRA SEMPRE

            Necesitamos de toda a túa puntualidade.

  • Un calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, pode facerche máis pracenteira a saída.
  • Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!
  • Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, nalgunha das saídas, as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.

 

 

INSCRIPCIÓNS

Lugares de inscripcións:

 Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura do Concello de Coristanco

Edificio de usos multiples 1º andar                               luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Centro sociocultural de Zas:                                            luns a venres de 9:30 a 13:30h

 

Centro sociocultural de Baio:                                          mércores, xoves e venres de 17 a 20h

 

Museo de Bergantiños  Carballo                                              mércores, de 16:30  a 19:30h

 

Espazo da Natureza de Oza                                          xoves e venres   de 17 a 20h.  

 

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

Prezos:

Non soci@s:  Maiores de idade: 6 €    Menores de idade 3€

Soci@s: Maiores de idade 6€            Menores de idade 1€

 

 

Lugares de saída:

A Laracha: diante do concello

Carballo: rúa Venezuela

Malpica: diante do concello

Ponteceso: casa de Pondal

Coristanco: diante do concello

A Agualada: quiosco

Baio: parada de bus

Zas: diante do concello

 

MÁIS INFORMACION

Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños e Soneira INFÓRMATE

www.sendanova.org

asociacion@sendanova.org

tf 611037617    611031611

9 Primavera en Ruta triptico 1

9 Primavera en Ruta triptico 1

9 Primavera en Ruta triptico 2

9 Primavera en Ruta triptico 2

Presentacion 9 PR 2

Presentacion 9 PR 2

 

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close