A exposición OS PASOS DA HISTORIA viaxa a Asturies

A exposición OS PASOS DA HISTORIA viaxa a Asturies

os pasos da historia redes

os pasos da historia redes

A exposición OS PASOS DA HISTORIA que percorre os 10 anos de PRIMAVERA EN RUTA viaxa ao país veciño para achegarse ao Parque natural de Redes.

O centro de interpretación deste espazo natural acollerá a presentación de medio cento de fotografías relaccionadas coa historia deste importante proxecto que cumpríu neste 2019 a decena de anos.

A filosofía do proxecto, a maneira como se iniciou, e os obxectivos do programa serán acollidos na cunca alta do Nalón, exportando deste xeito dende a Costa da Morte, un proxecto pioneiro de investigación, contacto con entidades locais e que abrangue o apoio de concellos, agrupacións de protección civil e outras entidades culturais, sociais e ambientais.

O vindeiro venres día 20 viaxaremos ao Conceyu de Casu para inaugurar esta mostra tan importante para nos.

Agradecer de novo a todos e todas que fixechedes posible esta mostra e como non, a todo o persoal que dende Asturies nos apoiou para acollela no Parque natural de Redes.