Á procura dos segredos da fauna

Á procura dos segredos da fauna

1º Obradoiro de pegadas 5

1º Obradoiro de pegadas 5

Unhas 20 persoas se deron cita para asistir ao primeiro dos Obradoiro de pegadas e indicios que se realiza dentro do programa EU QUERO RAZO BALDAIO organizado polo Concello de Carballo.

Nas dúas sesións nas que se dividiu a actividade leváronse a cabo diferentes módulos para un achegamento máis axeitado aos obxectivos agardados.

A actividade tivo un carácter familiar e de achegamento aos grandes tipos de pegadas e de familiarización cos indicios dos mamíferos de maior tamaño que podemos atopar nos nosos ecosistemas.

Dende a parte de aula do primeiro día ata a segunda xornada levada a cabo no medio natural, a resposta das persoas participantes foi moi boa e puidemos visualizar diferentes tipos de pegadas e indicios.

Salientable foi para todos atoparse con letrinas de porco teixo, mesmo con teixoeiras. Tamén fomos capaces de distinguir diversos pasos de fauna, plumas de diferentes aves como o gaio ou excrementos de raposo. As pegadas de ungulados representáronse coas de porco bravo.

Moi contentos co volume de participación e coa predisposición das persoas apuntadas. Unhas xornadas de aprendizaxe polo medio natural da zona. Desexando que chegue o 2º dos Obradoiros de pegadas para poder de novo compartir estas mañás  de contidos.

Grazas a tod@s!!

 

1º Obradoiro pegadas EQRB 4

1º Obradoiro pegadas EQRB 4

1º Obradoiro pegadas EQRB

1º Obradoiro pegadas EQRB

1º Obradoiro pegadas EQRB 2

1º Obradoiro pegadas EQRB 2

 

 

 

1º Obradoiro De Pegadas E Indicios

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank