A resistencia do río Chonia

A resistencia do río Chonia

Forza do río Chonia-9ªPR

E por fin chegou a primavera! A pesar de ser a segunda andaina, como a primeira foi algo pasada por auga, parecía que sen o soliño non se aproveita tanto o tempo.

O domingo pasado tivemos un estupendo día para camiñar por terras de Ordes, no concello de Trazo, por onde pasa o río Tambre. Nesta nova aventura acompañábanos “a forza do río Chonia”; que grazas ao caudal de este puidéronse realizar, no seu día, dende minicentrais hidroeléctricas, con importantes muíños de auga, ata a construción de batáns, os cales eran unhas máquinas artesanais que servían para bater en mollado os tecidos de lá saídos dos teares artesanais apertando e amalgando as febras ao tempo que lavaba e desengraxaba.

Esta ruta ten moitos puntos interesantes coma son: o Castro de Castrillón ou o de Lestrove, a Igrexa de San Martiño de Monzo, a cal o párroco do lugar parece que se pon sempre en sintonía connosco para comezar a ruta e facer soar as badaladas a par que comeza Jose a explicar a andaina, facendo que xa sexa tradición recibirnos o son das campás; ou a Igrexa de Santa María de Restande que destaca pola súa fachada e espadana.

Continuamos e destacamos a presenza do Pazo de Vilacova, nos cal nos abriu as portas Xavier para contarnos que é una edificación que data o redor do s.XVI e que pertenceu a don Juan de Leis Moscoso Ponte e Andrade. Inclúe unha fonte con merendeiro, un hórreo e un pombal sen pombas pero que alberga unhas afortunadas galiñas e que conta con unhas vistas envexables.

Sen máis, vainos pasando a mañá e éntranos a fame, polo que facemos unha parada para comer un bocata de bola feito con pan de carballo, na Capela do Carme da Hermida que se atopa na parroquia de Tordoia , en Castenda. A pesar de que o lugar está un pouco en desuso, sigue gardando o encanto do s.XVI o estar situada nunha fermosa e pacífica carballeira.

Rematamos de comer e entornamos o noso camiño ata a Capela de San Xosé de Oa. Os nosos pasos continúan, todo o posible, a carón do impoñente Chonia ata chegar a súa desembocadura co río Tambre, onde deixamos o Castro de Portomeiro e rematamos a actividade facendo un último esforzo subindo unha costa prominente para chegar a Igrexa de Portomeiro na parroquia dubresa, concluíndo a ruta e deixando detrás nosa o caloroso sol e frescura dun día ben aproveitado.

*CONCLUSIÓNS*

Para min o máis bonito destes pasos e destacar que de un grupo ben xeitosiño de unas trinta e tantas persoas como as que compuxemos a andaina do domingo,foi que houbese tan boa sintonía e participación sobre todo da xente do lugar, pois atopas historias tan interesantes a par de graciosas como a que nos contou un veciño de Trazo que nos explicou o nome tan peculiar que ten a aldea de Oa, que como estaba no medio de varias parroquias os seus habitantes non sabían a onde pertencía, OU a una OU a outra e finalmente quedoulle o nome de OA.Historias interesantes de un domingo de primavera.

Agradecer a Geli, que ademais de voluntaria de Senda Nova, foi voluntaria de cargar coa miña mochila gran parte do percorrido por estar eu maliña, pero aguantei ata o final!

Fátima Cambón

A Forza Do Río Chonia- 9ªPR

Flickr Album Gallery Powered By: Weblizar