Aberto o prazo de inscripción para a Horta Comunitaria “Sementando no Espazo”

Aberto o prazo de inscripción para a Horta Comunitaria “Sementando no Espazo”

O inverno está a volta da esquina, e con él chega a mellor época do ano para traballar, preparar e aboar a terra de cara a unha nova tempada.

Por iso dende Senda Nova iniciamos de novo o ciclo natural da horta e voltamos a abrir o prazo de inscripción para participar na nosa horta comunitaria “Sementando no Espazo”   e deste xeito poder dende xa unirte e comezar a preparar a túa parcela para poder tela lista a comezos de ano e poder comezar a plantar.  Polo que se estás interesadx en ter unha cesión dun pequeno anaco de terra (exterior e en invernadoiro) para cultivar os teus alimentos, e para aprender co/do resto de participantes, este é o momento de poñerte en contacto con nós. Lembra que hai prazas limitadas e que tes até o 28 de novembro para apuntarte e para comezar a formar parte do grupo de participantes de Semendado no Espazo.

Se fas click aquí podes atopar máis información sobre o proxecto, e se tes algunha pregunta non dubides en facérnola chegar a través das canles habituais (whatsapp, tlf, Facebook ou email).

Esperámoste!