Achégase o Día da Árbore

Achégase o Día da Árbore

Mañá temos unha cita no Espazo da Natureza de Oza ás 11. Unha xuntanza para tomar conciencia, para conmemorar «O día da Árbore», para aportar o noso gran de area cara os nosos bosques, pois mañá despedimos os «Días dos Bosques 18» cunha plantación de especies autóctonas, entre elas carballos, castiñeiros ou acivros. Entre todos e todas camiñaremos na posta en valor do bosque atlántico e a importancia del. As árbores autóctonas son parte dos ecosistemas e son os que máis osíxeno nos brindan. A constante deforestación dos bosques por parte de certas formas de entender a relación co medio, a introdución de especies foráneas… está poñendo en perigo non só a súa vida, senón tamén a propia existencia dos seres vivos que habitan neles.
Unha homenaxe que podemos facerlles, é conmemorando o seu día o 21 de marzo. Organizamos unha pequena plantación cun marcado carácter familiar e simbólico, para así tratar de poñer o noso gran de area. Tamén traballar activamente xunto a compañeiros, amigos e familiares para tomar consciencia de canto de importantes son.

Mañán domingo ás 11 no Espazo da Natureza de Oza. Trae o teu cubo e a túa pá. Alí te agardamos