Amplíase o prazo de preinscipción da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo até o martes 6 de novembro

Amplíase o prazo de preinscipción da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo até o martes 6 de novembro

Escola ambiental

Este ano por primeira vez levamos a difusión da Escola Ambiental aula por aula, por todos os centros de ensino de Carballo, dándolles unha charla informativa e repartindo as follas de preinscripción ás rapazas e rapaces carballeses.O que supuxo máis de 50 charlas en total. Esto fixo que retrasáramos as datas de difusión da Escola en moitos colexios. Ante este retraso e a multitude de consultas e preinscripcións sobre o proxecto que estamos a recibir,  decidimos ampliar o prazo de preinsicripción até o martes 6 de novembro (este incluído).

Para apuntarvos só tedes que pasar pola libraría Punto e Coma (Rúa Valle Inclán 1-3) e cubrir a preinscripción que vos facilitamos nos centros de ensino ou cubrir unha das que hai na propia libraría. Lembrade que hai prazas limitadas, e unha lista de espera continua e con vida durante todo o proxecto na cal irán entrando e saíndo participantes. Polo que se estás interesadx en participar non dubides en apuntarte.

Queremos agradecer fondamente a boa acollida que este ano está a ter o proxecto da Escola Ambiental Senda Nova – Concello de Carballo. Que acada xa a súa 7ª edición. Agradecer ás familas a confianza en nós un ano máis e pedir desculpas polos posibles retrasos na información do proxecto aos participantes e as súas familias.

Se tedes algunha dúbida sobre o proxecto non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través de email (sendanova@hotmail.com) ou no teléfono 611037614.

Anímate a participar neste fermoso proxecto e a compartir durante 8 meses experiencias increibles na natureza! Xoga na natureza do teu entorno goza do teu patrimonio!!!

6 Outono en Marcha Ruta das Férvedas 2