Apúntate a Sementando no Espazo: Horta Comunitaria, Actividades e moito máis

Apúntate a Sementando no Espazo: Horta Comunitaria, Actividades e moito máis

 

A primavera está cada vez máis preto, e en Senda Nova xa comezan a agromar novos proxectos e actividades!

Hoxe queremos presentarvos un deles, Sementando no Espazo, un novo proxecto relacionado coa horta ecolóxica, e a educación ambiental, que se basa na cesión de espazos a todas as persoas interesadas en cultivar os seus propios alimentos ecolóxicos e seguir aprendendo sobre este tipo de horta.

Sementando no Espazo nace co obxectivo principal de facilitarlle as crianzas e as persoas adultas, a posibilidade de cultivar os seus propios alimentos, nun espazo común e de convivencia , no cal seguir aprendendo sobre a horta ecolóxica, alimentación saudable etc a través das propias compañeiras ou das formacións que se levarán a cabo.

Este proxecto  combina diferentes actividades e propostas como actividades de horta, cesión de parcelas individuais, parcelas comúns, charlas, talleres, visitas a outros espazos, visitas e actividades de grupos a nosa horta etc o cal fará que sexa un xenial punto de encontro para seguir aprendendo dun xeito divertido e en comunidade.

A maior parte de actividades, e a cesión das parcelas realizaranse no Espazo da Natureza de Oza (Carballo), onde contamos con instalacións interiores e exteriores (invernadoiro, aula de formación, biblioteca, horta…) que nos permitirán realizar actividades diferentes en cada un dos espazos.

Para participar non tes máis que poñerte en contacto con nós a través do noso email sendanova@hotmail.com ou do teléfono 611037614 e facelo canto antes, xa que de momento hai prazas limitadas debido ao espazo cultivable que temos nestos momentos.

Tanto a inscripción , como a cesión de parcelas ou as  actividades que se realizarán son totalmente de balde, e pode participar todo o mundo, sen falta de ser membros de Senda Nova.

Na seguinte ligazón atoparedes toda a información sobre o proxecto dun xeito máis pormenorizado e detaiado:  http://www.sendanova.org/proxectos/sementando-no-espazo

Gústache traballar a horta? Precisas un pequeno espazo onde cultivar os teus propios alimentos ecolóxicos? Queres coñecer a xente coas tuas mesmas inquedanzas? Tes ganas de compartir un espazo de convivencia no que seguir aprendendo e fomentando o cultivo de productos ecolóxicos? Daquela, a que esperas para apuntarte a Sementando no Espazo? A nova horta ecolóxica e comunitaria de Senda Nova!!

Esperámoste!