Bota a andar a VI Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

Bota a andar a VI Edición da Escola Ambiental de Senda Nova

A Escola Ambiental de Senda Nova inaugurou, hoxe sábado día 4, un novo curso, máis de medio cento de persoas nós reunimos no Espazo da Natureza de Oza para darlle a benvida a VI edición de este proxecto. O grupo de máis de 25 rapaces e rapazas da comarca, acompañados polas súas familias, tiveron a súa primeira toma de contacto cos monitores e co proxecto no que participarán dende hoxe ata o vindeiro mes de xuño.

Durante a xuntanza explicóuselles aos participantes e as súas familias a orixe da Escola, os seus obxectivos principais e o tipo de actividades que realizarán durante estes 8 meses. Facéndolles saber que o obxectivo principal da Escola é achegar aos cativos e cativas ao seu patrimonio natural e cultural máis achegado, coñecéndoo e aprendendo a protexelo e a ser conscientes do tipo de problemáticas ambientais que teñen ao seu redor e que os afectan directamente. Todo isto farano a través de actividades e dinámicas moi diversas, que comprenden camiñadas a pe interpretativas, sesións de aula, actividades de horta, visitas a espazos de interese etc.

Un ano máis queremos agradecer aos nenos e nenas e as súas familias, que sigan apostando por actividades deste tipo, e que entre todos contribúan a seguir loitando pola protección do noso patrimonio. Agradecémoslle xa de antemán o esforzo que implica apuntarse a actividades coma esta, na que a climatoloxía xoga moitas veces en contra, e nas cales , maiores e pequenos, aprendemos pouco a pouco a adaptarnos as condicións que nos ofrece o noso entorno.
Agradecementos tamén aos monitores e monitoras da Escola, que intentan ano tras ano seguir mellorando, e facer que os nenos e nenas aprendan a gozar do seu entorno.

Cabe destacar, un ano máis , a colaboración do Concello de Carballo, que dende o ano 2012 apoia e colabora con esta iniciativa, e medra en apoio a medida que o proxecto vai aumentando en participantes, tempo e recursos.

Coma todos os anos, aínda que a Escola Ambiental comece, seguimos traballando na súa difusión nos centros de ensino, e o prazo de inscrición segue aberto durante todo o curso, polo que os rapaces e rapazas que estean interesados en participar poden poñerse en contacto con nós.

 

VI Escola Ambiental Senda Nova. Presentación

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank