Camiñando xa a 8º edición da Escola Ambiental

Camiñando xa a 8º edición da Escola Ambiental

presentacion Escola 19

escola-ambiental-sendanova_cartaz-2019

Comeza a 8º edición da Escola ambiental.

O pasado sábado 30 puxemos rumbo directo a unha nova xeira de accións a prol do patrimonio máis achegado cos nenos e nenas carballesas como protagonistas.

A Escola ambiental é o proxecto máis ilusionante de cantos espallamos en Senda Nova e, sen dúbida, unha das accións de achegamento á natureza e patrimonio da Costa da Morte, máis salientables, sobre todo tendo a poboación máis nova como principal destinatario.

Unhas 20 familias veranse aumentadas nos vindeiros días e, xunto c@s tres monitor@s da entidade, serán @s encargad@s de construír unha nova rede de aprendizaxe mutuo a través de oito meses de actividade semanal onde se realizarán multitude de diferentes accións. Ademais das  levadas a cabo na aula, destacan sobre todo as saídas nas que, o medio natural e o achegamento ao mesmo, representarán un dos puntos máis fortes e ilusionantes desta 8º edición.

As saídas polos espazos de interese de Bergantiños serán unha constante, como nas demais edicións. Unha aposta decidida polo coñecemento dos lugares máis interesantes a nivel arqueolóxico, arquitectónico e ecolóxico da zona, levará aos máis novos a unha viaxe sen precedentes polo fondo e específico da nosa comarca.

Non faltarán as excursións a outros puntos de Galicia, na esencial comparativa entre diferentes paisaxes e no ocio dende a convivencia entre un grupo unido que permanecerá xunto todos estes meses de duración da Escola.

Sen dúbida, o centro de operacións estará no propio Espazo da Natureza de Oza. Un lugar equipado con terreo aberto e preto dos camiños e corredoiras  que serán berce das expedicións da rapazada na procura desas pegadas. Que posúe espazo para a horta que será cultivada polos participantes de modo ecolóxico e unida a o invernadoiro para as plantacións máis delicadas. Todo isto complétase coa colección de publicacións en dvd e libro acollendo a biblioteca do Espazo unha colección importante sobre o noso patrimonio local.

O camiño da Escola ambiental Senda Nova-Concello de Carballo está marcado grazas tamén a todo o esforzo da asociación e do Concello de Carballo, sen o cal este ambicioso programa que representa a Escola non sería posible.

O prazo permanece aberto ata poder dar a difusión do proxecto na totalidade dos centros de ensino do concello que cursen entre 3º e 6º de primaria. Será co obxectivo de que todos os centros que colaboren con esta difusión poidan acoller as charlas informativas do proxecto.

Encantad@s rapazada. Comezamos!!