Cereo, capital das Historias de Inverno nesta semana.

Cereo, capital das Historias de Inverno nesta semana.

Historias de Cereo 4

Historias de Cereo 4

Cereo acolleu un novo faladoiro das Historias de Inverno. A parroquia coristanquesa recibiu a parada número 28 do percorrido que, dende fai varios anos, establecemos para as actividades das Historias de Inverno do noso rural. Florinda, Rosalía e Claudio foron @s protagonistas dunha velada que repasou de xeito entretido e ameno, a historia recente de Cereo.

A veciñanza da parroquia recibiu ás persoas que serían o centro de atención a través das súas verbas. Máis de 20 encheron a animosa escola unitaria con preguntas e apreciacións sobre un repaso de sete temáticas polas que percorreron o territorio. Ánxela Abelenda foi a encargada de encaixar o faladoiro e estruturar os contidos para o repaso polos traballos, as festas, os medios de comunicación…e tamén as cuestións máis propias da parroquia de Cereo. Mención especial e recordo intenso d@s narrador@s foi a lembranza ao derribo do avión en tempos da II guerra mundial. O famoso bombardero inglés Avro 683 Lancaster chegou para o derrivo dun barco alemán de wolframio que saíra do porto de Corcubión. Dos Junker JU52 alemáns, no auxilio do mesmo, derriban o avión aliado caendo este en terreo de Cereo, preto da Pontedona. Corría o ano 1942 e morreron os seis ocupantes.

Agradecer moi fondamente a@s nos@s protagonistas e tamén a Ánxela Abelenda por toda a colaboración prestada. Como non, á veciñanza de Cereo pola acollida. O noso desexo para a pronta recuperación de Francisco, un dos narradores que non puido acudir por problemas de saúde.

Historias de Cereo 1

Historias de Cereo 1

Historias de Cereo 2

Historias de Cereo 2

Historias de Cereo 3

Historias de Cereo 3

Historias de Cereo 4

Historias de Cereo 4