Comeza a difusión nos colexios da 6º edición da Escola Ambiental

Comeza a difusión nos colexios da 6º edición da Escola Ambiental

Actividade durante a Escola Ambiental

O alunado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Bergantiños foi o primeiro en recibir aos monitores de Senda NOva para a difusión do que será a vindeira edición da Escola Ambiental de Senda Nova. A partires de agora e durante as vindeiras semanas, a comitiva de Senda Nova fará parada en diferentes centros de ensino de primaria da comarca para levar información de primeira man aos nenos e nenas, dos obxectivos e diferentes actividades que se desenvolverán na Escola 2017-2018 e que chegará xa á 6º edición.

Os estudantes tamén reciben información a través dunha volantina que lles permitirá facer a preescripción ao proxecto, entregando a mesma cuberta na Libraría Punto e Coma entre os días 23 e 28 do presente mes. Aqueles nenos e nenas que participaran o ano anterior na Escola pódense preinscribir XA nos tf 611037614 ou 611037617

O programa extendese de novembro a xuño e segue no seu crecemento, mesmo na implicación do Concello de Carballo, o cal aumenta o seu compromiso coa xeira de actividades que compoñen unha  Escola Ambiental que ten como obxectivo o coñecemento do patrimonio máis achegado por parte dos escolares da comarca, especialmente de Carballo, de donde procede a maioría da participación.

Para máis información do proxecto no mail asociacion@sendanova.org ou nos telef  611037614 / 611037617

 

Máis información da Escola Ambintal

Escola Ambiental

 

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close