Día da árbore 2016

Día da árbore 2016

Día da árbore 2016

Día da árbore 2016

O Rego da Balsa de Carballo (cerca do IES Parga Pondal), recibirá a visita de todos cantos participantes desexen contribuír a unha plantación de especies autóctonas coincidindo co DÍA DA ÁRBORE 2016, nestas XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 16.

No acto, colabora o Concello de Carballo e a Asociación de Veciños a Fonte Salgueira de Vilela-Entrecruces.

Nas marxes do río plantaranse decenas de exemplares de varias especies de árbores autóctonas.

O acto é xa algo fixo no calendario de Senda Nova, manténdose ano tras ano dende fai case unha década. A acción ten un claro compoñente simbólico e de sensibilización, sobre todo con nenos e nenas, que acompañan aos proxenitores nun evento familiar.

Para participar e axudar na plantación, non tes máis que achegarte ás 11h ao lugar co teu cubo e a túa pa.

Alí te agardamos.

Domingo 20 marzo 11h. Rego da Balsa. Estrada de Razo.