DÍAS DOS BOSQUES, ESPAZOS DE APRENDIZAXE

DÍAS DOS BOSQUES, ESPAZOS DE APRENDIZAXE

Cartel bosques 17 jpg

Cartel bosques 17 jpg

DÍAS DOS BOSQUES, ESPAZOS DE APRENDIZAXE

Descarga AQUÍ o cartel

Cartel bosques 17 jpg

Cartel bosques 17 jpg

Dende Senda Nova queremos ofrecervos un novo programa de actividades que ven a pechar por completo a estación de inverno e co que intentamos, dende xa fai uns cantos anos, achegarnos dun xeito interpretativo ás masas de bosque autóctono, traballando na sensibilización e a través de diferentes actividades, moitas delas, en contacto co medio natural.

As saídas percorrerán masas de bosque autóctono da bisbarra, co claro obxectivo de dalo a coñecer a través de saídas interpretativas, en grupo e de xeito respetuoso co medio. O río Bardoso ao seu paso por Montemaior, na Laracha, é o primeiro destino que terá continuidade o mesmo día, sábado 4 de marzo, coa visita pola tarde á Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces.

En ámbalas dúas excursións, as saídas serán dende A Laracha e Carballo (9:15), tendo que inscribirse previamente de balde antes do venres 3. ( sendanova@hotmail.com, 696155232)

Para o domingo día 6 deixaremos a ruta Camiños de Aldemunde, que, dende o bosque da Ribeira da Pena, levaranos ao patrimonio cultural máis importante da parroquia carballesa.

El Secreto del Bosque e Tukki e  la Huella Ambiental  son dúas proxeccións para os días 9 e 16 respectivamente. Os documentais pertencen ao arquivo do CEIDA Butaca Verde e a súa temática é ben acorde coa sensibilización sobre os bosques autóctonos. As reproducións serán ás 19 h. dende a Escola de Oza e a entrada será libre.

Para o día 6 e 7 de marzo temos reservado un obradoiro de pegadas, que achegará ás rapazas e rapaces de 5º do colexio Otero Pedrayo da Laracha, aos rastros que diferentes animais nos poden deixar no bosque e traballar na súa observación.

O Día 19 será o peche dos DÍAS DOS BOSQUES, co tradicional Día da Árbore, desta vez coa plantación conxunta de especies autóctonas que terá lugar dende a Escola Unitaria de Oza e á que convidamos a veciños e veciñas da bisbarra. Só tes que traer o teu cubo e a túa pala  ás 11 h. dese domingo.

Como sempre, animamos a veciños e veciñas de todas as idades a participar nas xornadas e achegarse aos nosos espazos. Espazos de aprendizaxe.