ENCONTROS CON ACTIVISTAS e XOVES DE FILME para un novembro de acción

ENCONTROS CON ACTIVISTAS e XOVES DE FILME para un novembro de acción

Tardes de Outono 19

Tardesoutono 19

O Espazo da natureza de Oza acolle un intenso mes de novembro. Un outono cargado de propostas que se mestura coas rutas interpretativas do OUTONO EN MARCHA. Estes proxectos teñen obxectivos que se vertebran tamén  a prol da dinamización do noso rural a través deste Espazo da Natureza de Oza e tamén de diferentes tipos de dinamización. Neste caso os filmes e os faladoiros serán a estrutura de intensas semanas de actividade.

ENCONTROS CON ACTIVISTAS

Os ENCONTROS CON ACTIVISTAS terán o seu espazo nas tardes dos venres. Unha iniciativa que pretende difundir o traballo de persoas individuais na labor activista, dende diferentes ámbitos. Os faladoiros xirarán en torno a labor organizativa grupal en cada unha das diferentes iniciativas que desenvolven estas persoas en ámbitos e lugares diferentes. Dende carballo a Honduras pasando por diferentes lugares da xeografía galega.

Como é a dinamización de cada acción, que move a ter esas conductas, atrancos en cada un dos proxectos ou mesmo posibles melloras para levalos a cabo. Todo co obxectivo de aprender na organización de proxectos de dinamización en diferentes ámbitos e como non, visibilizar movementos deportivos, ambientais ou sociais. estas son as propostas:

Leopoldo Álvarez  ( Sevilla- A Garda)     Venres 4 Outubro   19h

Leopoldo Álvarez Sousa volve ao Espazo da natureza de Oza  para estrear os Encontros con activistas. Esta serie de faladoiros pretenden achegar a labor e organización do activismo ao resto da sociedade.

Grazas a Leopoldo poderemos achegarnos aos seus viaxes, sobre todo os que a bordo de vehículos todoterreo foi coñecendo e percorrendo un continente africano apaixonante.

Múltiples proxectos con múltiples enfoques co denominador común da soliedariedade.

Lorena Marrozos  (Carballo)    Venres 8 Novembro  19h

Voluntaria carballesa que traballa con ONGs (Miradas al Mundo, JUTT Helping People, Aire, etc.) en diversos proxectos nos Balcáns, Guinea-Bissau e outros países en desenvolvemento, axudando ás persoas refuxiadas e con poucos recursos. Ademáis do traballo en campo directamente coas comunidades dos países nos que coopera, Lorena impulsa iniciativas humanitarias locais de recollida de materiais de primeira necesidade para envío a ditas comunidades.

Lucía e Doris  (Honduras)     Venres 15 Novembro  19h

Frente Triunfeña por la Defensa de la Vida y Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca. Son persoas comúns, heroínas anónimas, que veñen darlle voz a veciñas e veciños de aldeas do Municipio de El Triunfo, no sur de Honduras, que se opoñen á ameaza da minaría depredadora na súa zona ante a pasividade das institucións públicas gobernamentais nacionais. Conseguiron impulsar un referendum (non vinculante) que declarou o seu concello como libre de minaría

Moncho Ríos     (Carballo)    Venres 22 Novembro  19h

O deporte como base asociativa

Impulsor de diferentes probas deportivas en Carballo, sobre todo relaccionadas co atletísmo. Cofundador da Media ducia e da asociación deportiva Atletismo Carballo.

Paco García (Cabana de Bergantiños)    Venres  29 Novembro  20h

A resposta do rural de Bergantiños contra a megaminería contaminante

Importante activista contra a minería de ouro en Corcoesto dende o epicentro do proxecto. Unha das persoas importantes na dinamizacion de movementos a prol da terra e tamén das importantes dentro da Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños.

XOVES DE FILME

Os xoves ás 19h. será a quenda doutra xeira máis dos XOVES DE FILME cos obxectivos comúns doutras edicións onde intentamos visibilizar traballos audiovisuais de problemáticas ambientais de diferentes lugares así como filmes relacionados co patrimonio máis local e problemáticas ambientais galegas. Para esta nova andaina son protagonistas catro propostas moi diferentes, de zonas moi diferenciadas.

CHAVES, LA MEMORIA EXPOLIADA  7 nov 19h.

De Daniel Orte y Mª José Urraca

Producido por Ecologístas en Acción

A pesares de que a cova de Chaves tiña revelado información decisiva no estudio da prehistoria, a evolución do xacemento cambia por completo a partires do ano 1974 cando se venden os terreos para fins cinexéticos o que desemboca en danos ambientais e na posterior destrución do xacemento.

27 FRAGMENTOS DE ECOLOGÍSMO SOCIAL   14 nov 19h.

De Ecologístas en acción

Cinco grandes temas: terra e auga, mobilidade, usar e tirar, clima, subindo ao sur, son os eixes para enlazar as problemáticas sociais e ambientais.

ALTA TENSIÓN, UNA BRECHA EN EL TERRITORIO   21 nov 19h

De Eguzki Bedeoak

Unha cicatriz de 110 km, con torres de 81m. para a unión de tendidos eléctricos en Gateiz. Unha obra faraónica que pon de manifesto a unión política e económica para desastre ambiental.

BUENOSDÍASTENGAUSTÉ   28 nov 19h.

De Asociación Ambiental Senda Nova

Un recorrido pola escola de metade de S XX a través de faladoiros con maiores de máis de 20 parroquias da Costa da Morte galega. De novo a proxección en Oza do segundo dos traballos que realizamos a partires das Historias de Inverno: o relacionado coa escola.

O Espazo da natureza de Oza será o epicentro da dinamización sobre o noso patrimonio a través deste intenso mes de novembro.

Participación libre