FIN DO 4º INVERNO ANCESTRAL

FIN DO 4º INVERNO ANCESTRAL

Historias de inverno Vilaño 2

Historias de inverno Vilaño 2

Historias de inverno Loroño 2

Historias de inverno Loroño 2

 

Os días son máis longos e menos fríos, febreiro remata. Non se acaba o inverno, que aínda terá que superar case por completo, un mes de marzo con experiencia en frío e fortes nevaradas nos altos galegos de oriente.

Pero o INVERNO ANCESTRAL  de Senda Nova si que rematou. O repaso polo programa que comezaba o día 11 de decembro dende a presentación en Oza a través do magosto, require un voo continuado pola xeografía das comarcas de Bergantiños e Soneira. Tamén un traxecto polo tempo, pola historia recente da Costa da Morte a través de estacións no noso rural.

As HISTORIAS DE INVERNO convertéronse no eixo deste 4º INVERNO ANCESTRAL. A xeira de faladoiros chegou este ano a sete novos lugares da nosa xeografía máis achegada. Fíxoo con agarimo polas verbas dos nosos maiores e con presentadores e presentadoras entusiasmados que enlazaban os obxectivos de recollida da historia a través da propia de material gráfico, co coñecemento dos persoeiros protagonistas das parroquias. Levouse a cabo coa colaboración das entidades veciñais e coa dinamización dos propios locais sociais do noso, esquecido as veces, entorno rural.

Mais a visión da experiencia cara o pasado, amósanos un entorno de extrema valoración dos vínculos sociais na sociedade labrega, baseada nunhas labores conxuntas que remataban nunha capacidade organizativa difícil de conseguir nos actuais tempos da tablet.

Berdillo, Loroño, Sísamo, Buño, Carnés, Vilaño e Couso representaron esta terceira xeira de faladoiros aos que se uniu a actividade excepcional que achegou a Oza as historias de Moldavia. Oito faladoiros e sete parroquias da bisbarra representadas  para outras tantas actividades, que conseguiron xuntar a 200 persoas repartidas polo inverno de Bergantiños e Soneira. Interesante e emocionante foi, ademais, as xuntanzas de maiores e a memoria grupal nas actividades, mostrando un non menos rico, apartado de preguntas e comentarios no que foi a prórroga de cada un dos faladoiros. Foi e é, un dos maiores motores para o mantemento e potenciación destas actividades, e dos obxectivos precisos. Entre outros, poñer en valor a memoria local, xuntar as persoas da parroquia, dinamizar os centros sociais e aprender a afrontar conductas da vida, dende valoración da experiencia dos nosos maiores.

Co remate deste programa acumúlanse xa 21 destinos percorridos nos últimos anos, para outras tantas parroquias de Bergantiños e Soneira. 21 presentadores colaboradores e medio cento de maiores orgullosos da súa terra en modo-función de narradores aos que mimar e escoitar. A resposta dos participantes e a repercusión do proxecto que nacía fai tres anos, creceu de xeito exponencial, e crea máis forzas aínda nos que entendemos dende un principio o sentido do camiño.

Pero a senda do 4º INVERNO ANCESTRAL  foi ocupada tamén polo APALPADOR, esa figura do Courel que pouco a pouco se foi metendo no nadal das nosas comarcas e que cumpre a perfección cos valores que intentamos transmitir dende esta entidade.

Ademais de poñer o gran de area a prol da súa propia figura, grazas ao APALPADOR transmitimos o amor polo máis achegado, pola nosa natureza, polo consumo responsable, polos xoguetes tradicionais… e este ano fixémolo dende as primeiras accións do inverno.

A exposición APALPADOR IMAXINADO foi inaugurada polo propio carboeiro e levou os murais de nenos e nenas dos centros de ensino á Biblioteca Rego da Balsa. Alí estiveron expostos para goce dunha cidadanía que xa pode saber do esforzo de nenos, nenas profesores e profesoras, con este proxecto que leva o APALPADOR á escola a través da colaboración de centros de ensino e a nosa entidade, e que permite a potenciación da figura e dos valores do APALPADOR nas escolas ademais da visita do carboeiro aos mesmos centros de ensino.

E este ano volveu. O personaxe visitou a máis de 600 nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria, coas claras mensaxes incorporadas a través xa de varios anos de percorridos por colexios e escolas rurais de Bergantiños.

E , coma sempre e antes de regresar ao Courel, baixa das montañas de Pico de Meda cara o local social de Carreira, para gozar dunha tarde onde, os máis pequenos, son os protagonistas e onde a baixada nocturna, a névoa,  e o mítico entorno da parroquia de Zas, fan protagonista un acto cos xoguetes que o APALPADOR trae.

E coma todos os anos, os xoguetes. E os xogos. Ambos xuntáronse en Oza antes xusto da época consumista do Nadal. Fano demostrando que a felicidade chega  a través do deporte, a unión dos compañeiros e o mantemento das costumes nos xogos. Tamén coa fabricación propia, fomentando a creatividade a través das destrezas. Si, moito mellor que os xoguetes que hai que andar detrás deles.

E así foi un 4º INVERNO ANCETRAL con 13 accións, máis de 20 días de actividade e case 1500 participacións. Todo co humilde obxectivo de traballar pola nosa memoria e polo noso patrimonio inmaterial.

Grazas a todas e todos os que axudaches no proceso, especialmente a aquelas voluntarias e voluntarios da asociación.

 

4º Inverno Ancestral Historias De Inverno

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank