Historias de Chechenia

Natalia Petrova puxo o punto de saída para o comezo das Historias de Inverno, viaxando máis de 6000 quilómetros na primeira das actividades deste 5º Inverno Ancestral, achegándonos ás Historias de Chechenia.

Coas súas verbas levounos ata Shalí unha cidade de máis de 40.000 habitantes situada no centro da república rusa de Chechenia, moi cerca da súa capital, Grozni. Nas estribacións da cordilleira do Cáucaso, a zona de Shalí é un lugar de alto nivel ecolóxico e paisaxístico.
Dende o Espazo da Natureza de Oza, puidémonos adentrar na vida dunha nena chechena que viviu ata os 16 anos nun campo militar pero que foi moi feliz e gozou moito da natureza e da súa infancia.

En algo máis dunha hora e media Natalia narrounos a cultura, festas, a escola, como se divertían…, entre outras moitas cousas, da súa época en Shalí.

Saímos destas historias de inverno cun moi bo sabor de boca e agradecémoslle enormemente a Natalia a súa presenza.

Xa estamos desexando que cheguen as seguintes, unhas historias moi especias da man de dous cativos da Escola ambiental. Non volas podedes perder! Pero antes, esperámosvos este xoves día 27 cos “Xoves de filme”.

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close