Martin Hutchinson, coa rapazada da Escola Ambiental de Senda Nova

Martin Hutchinson, coa rapazada da Escola Ambiental de Senda Nova

martinhutchinson-

martinhutchinson-

Martin Hutchinson recorre o mundo enteiro cunha bicicleta e un can. Starsky tamén é testemuña sobre as desfeitas ambientais que os dous socios se van atopando polo mundo. De todas, hai unha revindicación continua na que redunda en todas as paradas: O lixo mariño.

A súa andaina achegouno estos días a Galicia e a Bergantiños. Coma sempre, coa súa bici e o seu can e demostrando a importancia que pode ter o medio de transporte nun mundo máis ecolóxico.

Máis de 6000 vídeos acumula en youtube na súa intensa campaña na súa viaxe polo mundo. Martín, bombeiro retirado, puido comprobar como os plásticos xa anegan ríos e invaden praias en Sudamérica, como lagos desaparecen polos plásticos en Perú ou como os residuos tóxicos son verquidos directamente aos ríos.

Hutchinson camiña polo mundo con paradas en todos os continentes, traballando na concienciación sobre todo cos máis novos.

Os rapaces e as rapazas da Escola Ambiental de Senda Nova recibirano o vindeiro sábado na sesión de ecoloxía que retomará a actividade despois do Nadal.

Un pracer ter connosco a un exemplo de activismo mundial. Ansiosos de escoitar a súa experiencia e de agradecerlle a súa labor.

 

Martin Hutchinson