Martin Hutchinson e o seu can Starski visitaron ós nenos da Escola Ambiental

Martin Hutchinson e o seu can Starski visitaron ós nenos da Escola Ambiental

Martin&Starski cos nenos da Escola Ambiental

Martin Hutchinson chegou ao Espazo da Natureza de Oza sobre as 11 da mañá, cando os nenos e nenas da Escola comezaran xa a sesión de ecoloxía, precisamente nun avance sobre o persoeiro que Ángela, monitora da Escola, se encargara de expoñerlle.

A lección do activista foi total. Dende a exposición sobre os tipos de plásticos e a súa problemática ambiental, sobre todo nas nosas costas, ata a propia forma de activismo internacional coa súa bici e o seu can Starski.

Numerosas fotografías dun montón de países facilitaron a exposición de Martin cos rapaces. Un periplo por diversos lugares de Europa e América. Dende cada recuncho busca a sensibilización sobre o lixo e a importancia global dunha problemática en claro avance nos últimos anos, como afirma Hutchinson.

Hutchinson mostrouse moi consciente coa realidade galega respecto ao lixo mariño e tamén moi interesado en temas e especies específicas como a Píllara das Dunas, a cal saíu a relucir a través da exposición dos rapaces.

Martin mostrouse incluso máis favorable aos programas sobre a sensibilización do lixo mariño en xeral da reciclaxe e o consumo de envases non retornables.

Agradecidos pola labor mundial de Martin, que atravesa o mundo con visitas, sobre todo á xente nova. Un pracer acollelo no noso Espazo da Natureza de Oza, un lugar que lle mostramos orgullosos e que valorou a súa reutilización.

O mesmo espazo acollerá mañá ao activista a partires das 11 grazas tamén á iniciativa da Plataforma en Defensa de Monte Neme.
Alí estaremos de novo.

 

Martin&Starski Cos Nenos Da Escola Ambiental

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank