Natureza, patrimonio e sociedade

Natureza, patrimonio e sociedade

 

Natureza, patrimonio e sociedade únense nunha semana intensa de actividades. Mañán, mércores 13, varios membros da nosa entidade participarán nas xornadas de posta en valor do patrimonio natural e cultural que organizada o GDR Costa da Morte en Baio, formando parte da mesa redonda sobre a divulgación e protección do patrimonio natural de man de Adrian Eirís, membro da entidade e coordinador da Plataforma na defensa de Monte Neme.

O xoves día 14, ás 21:00h, acolleremos no Espazo da Natureza de Oza a presentación do Diario Galego, unha nova proposta de prensa diaria escrita en galego, que creemos impresincible na nosa sociedade. Na presentación do acto intervirán Xoan Costa, membro do consello de administración de Sermos Galiza, Eva Caméan, ,tesoureira de Senda Nova, e Jose Antonio Andrade, escritor.

Para finalizar a semana, o sábado a partires das 19:00h desenvolveremos un obradoiro de observación e convivencia para os rapaces e rapazas da Escola Ambiental, que terá lugar no bosque da Berbia en Entrecruces. Este espazo trátase dunha importante masa de bosque autóctono, no que se poden apreciar diferentes especies de flora e fauna de vital importancia nos nosos ecosistemas, durante a xornada realizaremos actividades de observación de aves, dinámicas na natureza, observación nocturna de constelacións sempre que o tempo o permita, e diferentes actividades en contacto coa natureza.

Unha semana cargada de actividades para seguir loitando polo noso rural, polo noso patrimonio e por seguir traballando cos máis pequenos a prol da protección do noso entorno.