Nova etapa nesta 5º edición da Escola Ambiental

Nova etapa nesta 5º edición da Escola Ambiental

5º escola ambiental

5º escola ambiental

Comeza a nova etapa desta edición da Escola Ambiental Senda Nova.
Se es de 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria e queres coñecer e disfrutar na natureza do teu entorno, estás a tempo de apuntarte.

A Escola Ambiental de Senda Nova segue o seu camiño paseniño cada fin de semana.
As sesións de aula toman protagonismo nos meses de inverno cos contidos de cultura e ecoloxía, desenvoltos a través de exercicios prácticos dende a Escola de Oza. Nesta 5º edición, as clases véñense realizando dende comezos de novembro e continuarán, a través de 3 etapas, ata o mes do San Xoan.

A segunda delas comezou este mesmo sábado, con exercicios de coñecemento de pegadas dos carnivoros máis comúns dos nosos ecosistemas. Terá continuidade nas vindeiras semanas coa posta en práctica de métodos non invasivos á hora do coñecemento e búsqueda de indicios das mesmas especies animais, agora xa, no mesmo hábitat que comparten.

Aproveitando este novo ciclo da Escola Ambiental, a mesma está de novo aberta á inscrición de novos rapaces e rapazas. A mocidade que cursa 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria dos colexios de Bergantiños, ten a oportunidade de novo de participar no programa, que segue a ter carácter de balde.

Agradecer de novo o apoio do Concello de Carballo coa iniciativa, ás nais e pais, aos máis de 30 nenos e nenas integrantes do proxecto e, sobre todo, ao voluntariado da nosa entidade.

Dínvolo os rapaces e rapazas: ÚNETE.
Máis info: 636326083