O achegamento á xeoloxía de Baldaio a través da 2º Ruta xeolóxica

O achegamento á xeoloxía de Baldaio a través da 2º Ruta xeolóxica

2 xeolóxica Eu quero Razo Baldaio 2

Case 30 persoas se deron cita na mañá deste sábado día 28 de setembro para realizar a Ruta xeolóxica que se enmarcaba no programa do Concello de Carballo EU QUERO RAZO BALDAIO, e que dende Senda Nova guiabamos co obxectivo de achegarse á xeoloxía máis básica que se abre ao mar na costa carballesa.

A boa aceptación da primeira das convocatorias de achegamento xeolóxico tivo continuidade nesta 2º edición, con case o cupo cuberto de participantes.

Como en días pasados, Evarísto fixo un repaso en tempo xeolóxico e paradas varias.

A propia praia fósil de Razo servíu de elemento didáctico para comprender os diferentes niveis do océano segundo os tempos, e foi fixada con maior intensidade despois da verificación dos propios materiais duns taludes que se van desfacendo en cada inverno.

O cambio nas fisonomías costeiras foi comprobado tamén na parada de Baldaio, onde o traballo, sobre todo do mar, cambiou por completo a estructura de correntes de saída e entrada de auga salgada na propia lagoa, facendoo ademais en tempo record.

O traballo do mar tamén foi foto na paisaxe de Punta do chan de Razo, mais alí puidemos salientar e comprender tamén  cada unha das máis importantes faias que Evarísto nos mostraba nos planos xeolóxicos. E é que o saínte rochoso de Razo é un dos puntos que ofrecen unha prespectiva paisaxística máis espectacular.

A actividade finalizaba co mesmo tempo solleiro que comezaba e despedía tamén un proxecto compartido co Concello de Carballo, GN. Hábital e Adega.

EU QUERO RAZO BALDAIO supuxo unha unión de forzas interesante e un bó punto de partida para a mellora nas actividades de sensibilización ambiental así como un eixo de colaboración e aprendizaxe na organización de proxectos conxuntos.

Grazas a tod@s @s participantes de todas actividades polo interese e a difusión das accións e tamén a todas as entidades que o fixestes posible.

2 xeolóxica Eu quero Razo Baldaio
2 xeolóxica Eu quero Razo Baldaio 3
2 xeolóxica Eu quero Razo Baldaio 2