O bosque máxico: a Ribeira da Pena.

O bosque máxico: a Ribeira da Pena.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Días dos Bosques 17. Camiños de Aldemunde.

Estamos en Aldemunde, a parroquia máis pequena (2.69 km2) e menos poboada , conta con 91 habitantes, de Carballo.

Entre os Concellos de Tordoia, Cerceda e Carballo atopamos unha paraxe única, unha ampla masa de bosque. A Ribeira da Pena  está formado por 80 ha. Este  bosque cae desde a meseta de Ordes a chaira de Bergantiños en pendente, sendo un dos espazos autóctonos coa vexetación máis importante da Costa da Morte.

O son é do río, e a auga corre entre as pedras. O vento mece as follas de árbores como  carballos,  castiñeiros, acivros (especie autóctona en perigo de extinción) ou abeleiras, os cales dan nome o río. Transpórtanos a un mundo máxico cheo de lendas o cal vos invito a coñecer.

Atravesamos o bosque de sur a norte baixando desde a parte alta do río  e cruzando por pontes de madeira construídos por Senda Nova. Camiñamos por pracer cara un lugar onde apenas chega o sol e a contaminación, onde as árbores alcanzan alturas de ata 15 metros buscando raiolas de sol nun lugar repleto dunha humidade característica da nosa terra galega, que alá a onde vamos falamos dela. Isto fai que sexa un lugar sacado dun conto irreal , un bosque tan húmido e tan repleto de musgo que incluso cando pisas o seu terreo apartando das silbardas, parece que estiveras descalzo camiñando por riba dunha esponxa enchoupada en auga. Incluso atopas algunha pedra repleta de musgo na cal che entran ganas de pararte a botar unha cabezadiña sobre elas. As marabillosas silbardas que nos recordan tempos nos que os nosos barrendeiros as empregaban como basoiras para limpar as rúas.

Que espectáculo poder ver un lugar tan virxe e tan característico coma este. Estar rodeada dun bosque con tanta  vexetación diferente, espeso,  verde e que medra polas árbores buscando a luz,  pareceume enorme. Os propios camiñantes dese peculiar paraxe, non seríamos máis que unhas pequenas bacterias.  Non nos estaría algún xigante vixiando a través de un microscopio vendo como nos, pequenos organismos, nos movíamos entre os acivros , espiños e carballos seguindo o sendeiro?.

Mentres continuamos nesta viaxe pola aldea do Toural na parroquia de Rodís, vemos mediante as pegadas, os excrementos e a forte olor na que estamos rodeados. Dinos algo sobre  que unha importante variedade de fauna como o xabarín, o raposo, o lagarto arnal, a londra (especie indicadora do bo estado do ecosistema) e ata inclusive, algunha que outra xineta está a vixiarnos.

Ao noso paso deixamos tamén antigos muíños de auga, hoxe derruídos, que funcionaban grazas á forza do río Abelleira e, ata unha minicentral eléctrica a cal se atopa tamén derruída.

Quero destacar aquí a presenza do muíño de Jesús no lugar da Cadaveira. Este xentil home nos abriu as portas del para mostrarnos como o mantén en funcionamento. É un dos poucos muíños  da comarca que queda moendo e, se vos acercades por alí, poderedes ver como cas súas propias mans, realizou complicadas pezas e aparellos que o compoñen  para que traballe.

Outro punto a destacar é que, na parte alta e protexido por un foso, está o Castro de Aldemunde. Pódese apreciar a través dous grandes muros defensivos. As lendas sobre el falan de mouros e romanos e da existencia de unha viga de ouro que ía desde o muíño da resveira ata o Castro.

E preto deste castro, entre Andoio e Aldemunde de Arriba atopamos o Dolmen da Pedra Moura, sendo o único catalogado en Carballo. Orixinalmente constaba de sete lousas pero algunas das pedras foron sacadas para usos domésticos quedando hoxe en día 5 delas, conservando así a cámara funeraria como un dos restos do megalítico da época.

Facían falta unas 120 persoas para mover cada pedra polo que con isto podemos saber que era unha poboación asentada, aínda que as lendas din que foron carrexadas por una moura (personaxe fantástico da mitoloxía galega)  mentres fiaba na roca e daba de mamar a unha criatura.

E deixo para o final o que máis quero destacar, reivindicar mellor dito, porque despois de todo o que vos acabo de contar, ¿a que vos entran ganas de exploralo? Pois apurade porque este mundo de fadas está a desaparecer por culpa de dous intrusos que están a facer retroceder a pasos axigantados, o “hominidus” e mailo eucalipto.

O que era un pequeno paso para un tractor converteuse nunha vía ampliada para permitir o paso de maquinaria pesada, e a tala, pouco respectuosa de árbores autóctonas, fai que o bosque se encha de maleza, toxos e silvas, o que dificultará a recuperación das mesmas, incluso as polas que tiraron o río fixo que romperan a única ponte de pedra que había no lugar.

O home está despoboando as nosas árbores e cambiándoas  por eucaliptos, na zona de Cerceda xa chegan ata o río. Esta raza perigosa e invasora está a devorar o bosque da Ribeira da Pena… pena que sentimos antes esta triste situación e por iso con estas liñas fago un CHAMAMENTO no nome das nosas árbores, elas indefensas, que tanto ben nos proporcionan e nos transportan a lugares tan máxicos como a Ribeira da Pena, que intentemos conservar o que temos se queremos seguir entrando en paraxes tan espectaculares como este.

 

Fátima Cambón Varela