O Día da Árbore pecha os Días dos Bosques 18

O Día da Árbore pecha os Días dos Bosques 18

dia da arbore 18 2

dia da arbore 18 2

A tradicional plantación do Día da Árbore coincide ano a ano coa despedida do inverno e co achegamento ao Día Internacional dos Bosques.

Desta volta, coa plantación de especies autóctonas do Espazo da Natureza de Oza, pechamos os Días dos Bosques 18 que comezabamos semanas atrás e que incluía saídas ao medio e obradoiros para os máis novos, así como a vida a exemplares novos autóctonos a través dunha plantación de hoxe ameazada pola choiva.

 

As corenta persoas que se deron cita en Oza foron capaces de plantar máis de medio cento de carballos, castiñeiros, acivros e loureiros. As plantas máis novas chegadas dende A Agualada con agarimo polos escolares e profesores do centro de Coristanco, colaborador da iniciativa dende  recollida das landras e o seu coidado nas instalacións do centro. O invernadoiro do Espazo da Natureza será o cobixo perfecto para que se fagan maiores e poder afrontar a vida con forzas no seu emprazamento definitivo no bosque.

 

Outra parte importante da planta, recollida polos alumnos da Escola Ambiental de Senda Nova, atopábase máis crecida, polo que o seu emprazamento foi no exterior do invernadoiro, tamén co obxectivo dun crecemento nos próximos meses e unha fortaleza que permita a súa ubicacion definitiva con éxito.

 

Na actividade estivo presente un bó número de nenas e nenos, algo a valorar positivamente dada a pretensión e carácter da actividade que entendemos, debe levar un selo especifico de mocidade. O futuro.

 

Agradecer ao Concello de Carballo a colaboración, así como ao CEIP Bormoio-A Agualada, encargados do agarimo da pranta durante todos estes meses.

 

Por outra banda, quixemos prantar unha árbore diferente. Unha que non queremos transladar a nengún sitio, que desexamos ben cerca neste Espazo da Natureza de Oza. É a maceira de Carmen. Esa que prantou Leti no comezo deste emotivo Día da Árbore.

 

dia da arbore 18 2

dia da arbore 18 2

dia da arbore 18 4

dia da arbore 18 4

dia da arbore 18 3

dia da arbore 18 3

dia da arbore 18 1

dia da arbore 18 1