O filme A Luz do Negro une as minas da Brea e Monte Neme

O filme A Luz do Negro une as minas da Brea e Monte Neme

A luz do Negro 6º Outono en Marcha

a luz do negro 2 6º Outono en Marcha

Máis de 20 persoas foron as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para visualizar o filme A Luz do Negro, dentro dos Xoves de Filmes que proxectamos dende o noso espazo.

Entre os integrantes atopábanse membros da Plataforma en Defensa de Monte Neme,  un nutrido grupo de mozos e mozas e, tamén, veciños e veciñas de Oza, moitos deles antigos traballadores e traballadoras da antiga mina de volfram de Monte Neme.

O tempo post documental achegounos a un interesante faladoiro onde os máis vellos expuxeron o seu modo de vida e traballo nas diferentes etapas das minas de Monte Neme a través das dúas xeracións de participantes da parroquia de Oza. Moitas similitudes entre a explotación da Brea, exposta no filme por Encarna Otero e a bergantiñán.

O filme  achega no coñecemento ao contrabando de volfram, o xeito de explotalo, as penurias dos mineiros e a repercusión internacional do mineral, común ás minas que salpicaron Galicia durante décadas e que levaron ao territorio a ser estratéxico durante a segunda guerra mundial.

O filme tamén pretendía ir adinatando información, para complementala, de xeito especial, no colofón á semana dedicada ao Monte Neme: A vindeira ruta polas Pegadas do Volframio.

Aínda estás a tempo de apuntarte. Ata venres 24.

A luz do Negro 6º Outono en Marcha

Navegando nesta web estarás de acrodo co uso de cookies. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close