O son do Anllóns saída da 9º Primavera en Ruta

O son do Anllóns saída da 9º Primavera en Ruta

Case medio cento de participantes se dispuñan este domingo a percorrer as beiras do gran río que percorre Bergantiños. O son do Anllóns era o punto de partida desta 9ª PRIMAVERA EN RUTA.

A pesares das constantes e intensas choivas destas pasadas semanas o Anllóns permitiunos gozar coa súa beleza e a súa vexetación de ribeira. Cheo e forte como se atopaba, hoxe máis que outras veces, deleitounos durante todo o percorrido co seu canto especial. O seu ruxir constante dicíanos que seguía aí, máis vivo que nunca e dándonos a benvida por visitalo outro ano máis.

A lama, engadido e característica imprescindible destes roteiros estivo moi presente nos case 23 quilómetros do percorrido; tanto, que nos acompañou a través de todas as paradas que poñían de interese e en valor cada un dos espazos e lugares de importancia nos cales puxemos o foco de mira. O Pazo do Souto e a igrexa de Santiago de Sísamo, os muíños de Ceide e de Verdes, estes últimos serviron de abrigo aos participantes no xantar, a Pontedona na que puidemos observar como foi a precursora da actual ponte e carretera que separa os concellos de Ponteceso e Coristanco. A capela de Santa Mariña ou as minas de ouro de Corcoesto foron un gran enclave para poder ver dende arriba o percorrido do Anllóns. E como punto final atopámonos coa casa da Torre, a cal da torre xa non se aprecia nada da súa existencia só queda un escudo e unhas verbas indescifrables en latín, e xa na despedida e como fin atopámonos na igrexa de Corcoesto, igrexa barroca de gran beleza.

Van nove anos xa de percorrido a través desta gran canle fluvial, de sentir o ruxir interno da alma de Bergantiños. De seguir aprendendo e de sorprenderse con cada nova parada, con cada novo percorrer polas vexetación de ribeira e de observar a evolución do entorno, nalgúns casos unha boa evolución, noutros non tanto, tamén foi tempo de observar a nosa propia evolución con cada paso dado.

Agradecer a Protección Civil de Carballo, aos concellos de Carballo, Laracha, Malpica de Bergantiños, Zas e Coristanto e, por suposto, ás voluntarias e voluntarios de Senda Nova por conseguir poñer en marcha outra primavera máis.

Este vindeiro domingo vémonos na comarca de Ordes, en terras de Trazo!

O Son Do Anllóns- 9ªPR

Flickr Album Gallery Powered By: Weblizar

Panel de preferencias de privacidade

Necessary

Advertising

Analytics

Other