O Tesouro de Corcoesto, as Historias de Candelagho e unha nova sesión da Escola Ambiental pechan a semana que celebra o Día internacional das zonas húmidas.

O Tesouro de Corcoesto, as Historias de Candelagho e unha nova sesión da Escola Ambiental pechan a semana que celebra o Día internacional das zonas húmidas.

Historias de Inverno Candelagho 1

Historias de Inverno Candelagho 1

Xoves de Filme O tesouro de Corcoesto 1

Xoves de Filme O tesouro de Corcoesto 1

 

O V Inverno Ancestral segue o seu curso polos lindes entre xaneiro e febreiro.
Na semana na que se celebra o Día internacional das zonas húmidas ( 2 de febreiro, día da Candelaria), a actividade de Senda Nova concentrouse o xoves e o venres.

XOVES DE FILME: O TESOURO DE CORCOESTO

Os Xoves de Filme non saíron de Bergantiños coa proxección O TESOURO DE CORCOESTO, que achegou ao Espazo da Natureza de Oza a unha presa de inquedos e inquedas que puideron facer lembranza da organización social para a loita contra o proxecto mineiro, así como achegarse de novo á magnitude da explotación e ás posibles consecuencias que se puideron ter dado se o proxecto extractivo con cianuro se fixera realidade. O debate posterior volveu salientar a organización e mobilización social para acadar fortes obxectivos de carácter social, cultural e ecolóxico como a paralización de proxectos deste tipo.

AS HISTORIAS DE INVERNO CHEGAN A CANDELAGHO (CORME)

O venres foi a quenda das Historias de Inverno nunha das veladas máis agardadas polo peculiar do espazo e por ser a vez primeira que, dende Senda Nova, pisamos territorio pontecesán para que nos acolleran na procesión territorial das Historias de Inverno.

 

Nun día propio de invernía co marco incomparable da ría de Corme e Laxe. Nunha aldea sen intromisión de formigón ou uralita, que non deixou aínda lugar aos coches e que o paso do tempo dou lugar ao total despoboamento da mesma.

Dende este balcón privilexiado, enriba de Corme e, a un milleiro de metros de distancia coa vila mariñeira, aséntase Candelagho. O mellor acceso á aldea é unha pista de terra que nos deixa nas portas do poboado, non permitindo o asentamento o acceso a vehículos a motor. Só o ecolóxico camiñar polos chans rochosos das corredoiras permite masticar o encanto dunhas das aldeas con máis personalidade de todas cantas visitamos.

 

O máis parecido a estar habitado conségueo José, que visita con frecuencia diaria e agarimo morriñento, a única casa con electricidade de todo o poboado.

 

Alí, a carón da lareira, recibíunos acompañado de Mari Carmen. O dúo de narrador@s que nos desmenuzaron a historia recente da encantada aldea, e tamén de toda a parroquia de Corme. Un percorrido no tempo espectacular a través das lembranzas das antigas historias de inverno que se contaban  en cada unha das lareiras da parroquia.

Máis neste día perfecto de inverno, nesta aldea perfecta e ancestral da Costa da Morte, a compaña de Mari Lista, a presentadora da velada, foi ampliada coa presa de veciñas e veciños como Fani, Cris e tantas outas  que quixeron poñer o marco perfecto a un cadro pintado con agarimo dende as pedreiras de perto do faro do Roncudo.

 

O repaso de Jose e Mari Carmen, de Mari Carmen,e Jose fíxose resumo curto para tan fermosas historias. O libro rematábase e saboreabamos as últimas follas sen querer deixalo.

Necesitaríamos un día para cada unha das moitas historias. E facelo coa grata compaña de cada un dos participantes.

Fora agárdanos o frío e o vento da invernía. As luces de Laxe e das estrelas. A ría cega, o cargar os equipos e a volta a casa cun montón de coñecemento na maleta do furgón.

A ESCOLA AMBIENTAL ACHEGOUSE O SÁBADO AO PATRIMONIO RELIXIOSO DA BISBARRA

A climatoloxía fíxonos adaptar as actividades e, a última hora, a saída prevista en Baldaio co grupo de rapaces e rapazas da Escola Ambiental coincidindo coa celebración do Día internacional das zonas húmidas, cambiou destino no Espazo da Natureza de Oza, para adiantar materia no estudo do patrimonio relixioso.

Os cruceiros ( máis de 10000 en toda Galicia), foron o destino en contidos.
Para que se constrúen?, que tipos hai?, cales son as súas partes?, foron algunhas das cuestión que resolvemos nunha sesión na que tamén fomentamos o debate dentro da construcción social no aspecto ecolóxico.

Historias de Inverno Candelagho 2

Historias de Inverno Candelagho 2

Historias de Inverno Candelagho 1

Historias de Inverno Candelagho 1

Xoves de Filme O tesouro de Corcoesto

Xoves de Filme O tesouro de Corcoesto

 

Escola ambiental 3-2-18 2

Escola ambiental 3-2-18 2

Escola ambiental 3-2-18

Escola ambiental 3-2-18

Escola ambiental 3-2-18 3

Escola ambiental 3-2-18 3

Panel de preferencias de privacidade

Necessary

Advertising

Analytics

Other