O V Inverno Ancestral entra na recta final

O V Inverno Ancestral entra na recta final

Xoves de Filme Area nos ollos

Xoves de Filme Area nos ollos

 

As últimas paradas dos Xoves de Filme foron ben cerca: As Encrobas e Baldaio. Os dous lugares, centro de dúas revoltas populares iniciadas por actuacións ambientais regresivas de gran calado. A mobilización social nas Encrobas pola mina a ceo aberto coincide en tempo coa de Baldaio, que saca a xente a rúa pola extracción de area do humidal carballés.

“As Encrobas: a ceo aberto” do diretor de Cerceda  Xosé Bocixa e  ” Area nos ollos” da carballesa María Rama, remexeron a historia dos Xoves de Filme e activaron interesantes reflexións posteriores por parte das case vinte persoas que se deron cita para desfrutar das proxeccións.

E mañán venres ás 19 h. pecharemos as Historias de Inverno deste ano dende Sofán. Será coa participación de Francisco Añón narrando a historia recente da parroquia, coa presentación de María José Souto. Ás 19h no Centro social de Sofán.