Presentación da revista ABRINDO CAMIÑO

Presentación da revista ABRINDO CAMIÑO

Presentación Abrindo Camiño

Presentación Abrindo Camiño

Onte, no Espazo da Natureza de Oza, presentouse ABRINDO CAMIÑO,  a publicación de SENDA NOVA en formato revista, que pretende difundir as actividades da asociación e doutros colectivos cos que compartimos espazo xeográfico.

ABRINDO CAMIÑO leva o nome das pasadas xornadas que organizamos celebrando o 10º aniversario da asociación, e que xuntaron unha morea de entidades coas que estos dez anos compartimos vivencias.

A revista , acolle ademais, artigos de ecoloxía e patrimonio, así como espazo para difundir o movemento asociativo, fotografías…etc, pretendendo mostrar, sobre todo, o traballo voluntario a carón das entidades do noso rural e contribuíndo á potenciación do mesmo.

A publicación é autofinanciada por Senda Nova coa axuda do pequeno comercio da bisbarra. Co número 0 presentado, pretendemos que teña continuidade e que sexa sostible, obtendo unha periodicidade que permita que a actividade no noso rural, esté presente.

A partires dos vindeiros días estará presente nos establecementos colaboradores e, ademais, contará cunha versión dixital, que poderemos ollar e descargar dende esta mesma web.

Os puntos de distribución de balde son:
O Patacón, La Bombonera, Optica Gallaecia ( Culleredo), Supermercado As Labradas, Froitería do Xardín, Colectivo Xebre, Paddington School of English,  e o Espazo da Natureza de Oza ( contactar antes con Senda Nova).

Presentación Da Revista ABRINDO CAMIÑO

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank