Preséntase BUENOSDIASTENGAUSTE, o segundo dos documentais baseado nas Historias de Inverno

Preséntase BUENOSDIASTENGAUSTE, o segundo dos documentais baseado nas Historias de Inverno

Historias de Cereo 4

Historias de Cereo 4

Historias de Inverno Candelagho 1

Historias de Inverno Candelagho 1

Documental editado pola Asociación Ambiental Senda Nova co apoio da Deputación da Coruña. Edición e postproducción de Illa Bufarda. Está baseado en 21 faladoiros das Historias de Inverno por outras tantas parroquias de Bergantiños e Soneira. Nel participan uns 60 falantes que nos achegarán á escola de mediados de século XX.
Un reencontro coas persoas maiores protagonístas das Historias de Inverno.

As Historias de Inverno é uns dos programas máis apaixoantes da Asociación Ambiental Senda Nova.

Un proxecto que leva actualmente percorridas 30 parroquias noutras tantas sesións.

Cinco anos de faladoiros a prol do patrimonio inmaterial, sacado do rural de Bergantiños, Soneira, Ordes a través d@s nosos maiores.

O proxecto radica en conversas amenas cos maiores e realízase nos centros sociais, escolas ou locais comúns das parroquias onde organizamos o evento. A esas xuntanzas asiste tamén un presentad@r, do mesmo entorno dos narradores, que se encarga de moderar e dirixir a conversa.

A conversa percorre a historia da parroquia a través de:

A experiencia dos maiores

De sete temáticas comúns a cantos faladoiros se realizan: escola, traballos, franquísmo, medios de comunicación, ligar, festas e temática libre ou específica do lugar.

Ás actividades asiste público da zona así como asistentes da asociación, nunha velada que se alonga coas posteriores preguntas dos espectadores.

Os faladores poden ser un ou varios. Normalmente entre dous e tres persoas, preferiblemente que viviran a maior parte do tempo na parroquia protagonísta.

Toda  a velada é recollida en material gráfico para uso da asociación no ámbito dos seus obxectivos, o que se apresenta como unha recopilación do patrimonio oral e inmaterial de primeiro orde, que se achega ás 60 horas de gravación.

Coas primeiras 21 parroquias presentase no 2018 HOXE QUEN BAILA?. O documental coa historia das festas en 21 parroquias de Bergantiños e Soneira a través doutros tantos faladoiros nos que participan medio cento de narrador€s e 22 presentador@s.

O vindeiro día 17 maio preséntase o segundo dos documentais BUENOSDIAS TENGA USTÉ  nos que os mesmos maiores voltarán a ser protagonístas, desta volta facendo un repaso á historia da escola dende mediados de século XX.

Ao acto están convidad@s representantes dos concellos onde se fixeron as gravacións, soci@s de Senda Nova, e por suposto presentador@s e narrador@s de todas as parroquias percorridas. 17 maio Espazo da Natureza de Oza 20h. Entrada libre

A@s protagonístas entregarémoslle de agasallo o dvd presentado.

historias de inverno Loroño