Revivindo a berrea

Marcos Suárez e Ramón Cotelo continuaron dende o Espazo da Natureza de Oza a xeira de Historias de Inverno que comezara días atrás.

Unha fermosa “viaxe aos montes de Asturies”, foi o nexo de unión nas verbas dos escolares do Ceip Bergantiños edo Ceip Fogar.

Os tamén alumnos da Escola Ambiental de Senda Nova, comezaron a narración dende as orixes, mesmo cando se enteraron que, meses máis tarde, poderían ter a posibilidade de asistir a unha actividade moi especial nunca vivida por eles anteriormente.

Despois, as case 20 persoas que se deron cita para escoitar as vivencias dos rapaces, puideron achegarse á situación vivida polo grupo que participou da excursión. Mesmo as sensacións subxectivas atopadas por Ramón e Marcos, nunha actividade de pleno contacto coa natureza en plena época en celo dos ciervos.

Tempo houbo tamén para as preguntas e tamén para as recomendacións e consellos ofrecidos polos narradores para todos aqueles asistentes que, despois das ganas gañadas ao escoitar as vivencias, pretendían información para a próxima cita.

Un pracer e un agradecemento a dous dos grandes da Escola Ambiental.mo