Saída co CIFP Ánxel Casal a Baldaio

Saída co CIFP Ánxel Casal a Baldaio

A climatoloxía, como tantas veces, fainos abordar as actividades de xeito alternativo.

Desta maneira, a saída ao espazo natural de Baldaio cos alumnos e alumnas do Instituto Anxel Casal da Coruña, tornouse en actividade itinerante en lugar dunha xornada exclusiva a carón do espazo natural. Deste xeito, os mozos e mozas, visitaron lugares de interese cultural, pasando pola igrexa de Lema ou o castro de Castrillón. Ademais, visitaron o sistema dunar de Baldaio e a praia fósil de Razo antes de emprender viaxe á Coruña na mañá do pasado luns.

Agradecer a atención dos mozos e mozas e do profesorado do instituto. Unha mañán moi produtiva na costa carballesa.